O café irlandés é unha bebida produto da mestura de whisky irlandés quente, tres cubos de azucre, café negro e dous centímetros de nata.

Un café irlandés

Na forma coñecida mundialmente, foi creada en novembro de 1952 na taberna Buena Vista, en San Francisco, California, por Jack Koeppler, dono da taberna, e Stanton Delaplane, reporteiro viaxeiro. A idea era recrear a bebida (variación das bebidas quentes con licor xeralmente chamadas hot toddy) que se servía aos viaxeiros que chegaban ao aeroporto de Foynes (Irlanda) para que entrasen en calor.[1][2]

Hai quen pensa que esta bebida foi a inspiración para que Gilbeys of Ireland comezase a comercialización, en 1974, de Baileys, bebida baseada tamén en café, crema e whisky irlandés, que é ás veces chamada "café irlandés industrializado".

Notas editar

  1. Coyle, Cathal (1 December 2014). Little Book of Tyrone. The History Press. ISBN 9780750962841 – vía Google Books. 
  2. "The War Room - Foynes Flying Boat Base". www.skynet.ie. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2017. Consultado o 21 de novembro de 2022.