Un cadrado é un cuadrilátero (polígono regular de 4 lados).

Exemplo de cadrado.

Fórmulas métricas editar

O perímetro dun cadrado de lado l é: p = 4l. Ou  , d = diagonal. E a área deste cadrado é: A = l2. Tamén  

Clasificacións editar

O cadrado é:

Propiedades editar

Nun cadrado, as súas diagonais son   veces maior que a medida dos seus lados. As diagonais corresponden ao diámetro dunha circunferencia circunscrita ao cadrado, e esa ten área   veces maior que a área do cadrado. O lado dun cadrado é igual a medida do diámetro da circunferencia inscrita no cadrado, e ten unha área   (aproximadamente 0'79) veces maior que a área do cadrado.

O cadrado presenta a propiedade de ser o cuadrilátero convexo que, para unha área dada, posúe o menor perímetro, e, para un perímetro dado, posúe a maior área. Un segmento que une os lados paralelos dun cadrado determina dous trapecios iguais (forma e tamaño). Se unes os puntos medios dos catro lados dun cadrado obtés outro cadrado cuxa área é a metade do cadrado orixinal.

A intersección do conxunto de todos os rectángulos e o conxunto de todos os diamantes é o conxunto de todos os cadrados. As diagonais dun cadrado son iguais e perpendiculares. A intersección dun cubo cun plano perpendicular a dúas caras opostas é un cadrado; e o cadrado de área máxima contén as diagonais de tales caras e a diagonal do sólido.

Aplicación editar

Na axiomática da área de figuras planas (xeometría euclidiana), é conveniente que a área dun cadrado de lado 1, a súa área sexa unha unidade cadrada. [1] Ao relacionar o lado dun cadrado de lado 1 coa súa diagonal, os membros da escola de Pitágoras conseguiron que a diagonal non se poida expresar como unha razón de dous números enteiros.

Notas editar

  1. Haaser y otros. Análisis matemático I, Editorial Trillas, México

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar