Unha cachapa é un prato típico de Venezuela. Ten forma de filloa pero máis grosa.

Facendo a cachapa en Zulia.

Ingredientes editar

Os seus ingredientes son auga ou leite, fariña de millo, aceite, ovos, azucre e sal. Mestúranse ata ter listo un amoado semilíquido que se verte nunha tixola.

Acompañamento editar

Adóitase acompañar de queixo fundido, manteiga, xamón ou outros ingredientes, que se colocan dentro da cachapa.