Cabrera, Cundinamarca

concello do departamento de Cundinamarca, Colombia

Cabrera, tamén chamado San José de Cabrera, é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia do Sumapaz, no sueste de Cundinamarca, a 144 km de Bogotá. O concello é coñecido como «A Porta do Sumapaz».

Modelo:Xeografía políticaCabrera, Cundinamarca
Imaxe

Localización
Mapa
 3°58′41″N 74°29′09″O / 3.9781, -74.4858Coordenadas: 3°58′41″N 74°29′09″O / 3.9781, -74.4858
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude2.560 m Editar o valor em Wikidata

Páxina webcabrera-cundinamarca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Non se coñece con certeza a localización do poboado aborixe, pero sábese que, na época precolombiana, parte do territorio do actual concello de Cabrera estivo habitado polos indíxenas sutagaos e polos muiscas, que estaban emparentados etnicamente cos sutagaos. O difícil acceso a certas zonas non permitiu que durante a colonia española os visitadores da Real Audiencia de Santafé de Bogotá chegasen até os casaríos de Machamba e Sumapaz. Tampouco puideron chegar os encomendeiros de Pandi. No territorio de Cabrera existiu un cemiterio ancestral con pictogramas e tumbas indíxenas.[1]

Até antes da Guerra do Mil Días, o territorio total de Cabrera pertenceu á familia Pardo Rocha, pero logo da guerra, o territorio foi reorganizado, e o 31 de agosto de 1910 foi fundado o concello de Cabrera polos señores Urias Romero Rojas, José Romero Rojas, Lino Palacios, Fidel Baquero e Aurelio Hilario, quen lle puxeron o nome ó concello na honra do Xeneral Cabrera, quen participou na guerra xunto ó Xeneral Rafael Uribe Uribe.

Ataque das FARC contra Cabrera editar

O mércores 20 de agosto de 1997, as frontes 52 e 55 da guerrilla das FARC atacaron o centro do concello de Cabrera, asasinaron a dous policías, asaltaron a Caixa Agraria (de onde roubaron 80 millóns de pesos), deixaron avariada a Alcaldía Municipal e destruíron a maioría de locais comerciais da poboación. O ataque produciuse mentres os habitantes do concello vían o partido de fútbol Colombia vs. Bolivia. O ataque, ó mando dun comandante guerrilleiro coñecido como "Jairo", prologouse até as 3 da mañá. O total de guerrilleiros foi de 250, a maioría mulleres e menores de 12 anos. O outro día, os guerrilleiros deixaron minadas as entradas de acceso á vila con minas antipersoas; unha delas cobrou a vida a un campesiño de 33 anos. O comando de policía quedou destruído, e os guerrilleiros aproveitaron para roubar 10 fusís. Catro axentes de policía quedaron feridos.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar