CHAMP

Satélite artificial de Alemaña.

CHAMP (acrónimo de CHAllenging Minisatellite Payload) foi un satélite artificial alemán lanzado o 15 de xullo de 2000 mediante un foguete ruso Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]

CHAMP
TipoObservación terrestre
Contratistas principaisGFZ
Data de lanzamento15 de xullo de 2000, 12:00 GMT[1][2][3]
Foguete portadorKosmos 3M[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Obxectivo da misiónEstudos atmosféricos e xeofísicos.[2][3][4]
Decaemento19 de setembro de 2010[1]
NSSDC ID2000-039B
Masa500 kg[2][4][5]

Características editar

CHAMP adicouse á investigación xeofísica e atmosférica. A bordo levaba un acelerómetro, magnetómetros, un receptor GPS, un retroreflector láser e un medidor de arrastre de ións. CHAMP fixo medicións precisas dos campos gravitatorio e magnético durante a súa vida útil.[2][4]

Os obxectivos principais de CHAMP son tres:[2][4]

  • Medir con precisión características globais de gran lonxitude de onda do campo de gravidade estático da Terra e a variación temporal desde campo.
  • Medir con precisión as estimacións globais do campo magnético principal e da codia terrestre e variabilidade no espazo e no tempo das compoñentes do campo.
  • Tomar datos da refracción dos sinais GPS cando as ondas pasan pola atmosfera e a ionosfera, que poden ser transformados en datos de temperatura e contido de vapor e electróns.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "CHAMP" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (20 de abril de 2012). "CHAMP" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 5 September 2001 from the Permanent Representative of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-87116). 14 de setembro de 2001: 8. Consultado o 12 de maio de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "CHAMP" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "CHAMP" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2012.