CG Barcelona-Catalunya

O Club Gel Barcelona-Catalunya (en galego Club Xeo Barcelona-Cataluña) foi un club de hóckey sobre xeo da cidade de Barcelona (Cataluña).

CG Barcelona-Catalunya
Fundación1975
Cidade Barcelona,
Barcelona
Cataluña Cataluña
CoresAmarelo e vermello
           

Historia editar

O club foi fundado en 1975 a partir dunha escisión de xogadores reserva do FC Barcelona. Na tempada 1975-76 debutou na liga española de hóckey sobre xeo, conseguindo na tempada seguinte a 6ª praza do campionato na que sería a súa derrareira tempada, xa que ao finalizar esta segunda tempada o club desapareceu.