A Confederación Europea de Patinaxe ou CERS (en francés: Confédération Européenne de Roller Skating) é o organismo que regula os deportes de patinaxe (hóckey a patíns, patinaxe artístico en patíns, patinaxe de velocidade sobre rodas e hóckey en liña) a nivel europeo e que ten a súa sede na cidade de Porto, Portugal.

É unha das confederacións continentais que forman parte da Fédération Internationale de Roller Sports (FIRS). Foi fundada en 1975 por iniciativa do coruñés Antonio González, que foi ademais o seu presidente entre 1975 e 1982.[1]

Comité central editar

O CERS está dirixido por un comité central composto polos seguintes membros:

  •   Fernando Elias Claro (presidente)
  •   Jan Piotrowsky (1º vicepresidente)
  •   Ignacio González Pereira (2º vicepresidente)
  •   Fernando Leandro Naroli (3º vicepresidente)

Comités técnicos editar

As 4 disciplinas deportivas teñen o seu propio comité que as xestiona a nivel europeo e que son os que organizan as diversas competicións:

Notas editar

  1. Varela, María (9 de decembro de 2015). "El eterno presidente". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar