CEIP Cervo nº 1

centro de educación infantil e primaria en San Cibrao (Lieiro, Cervo)

Coordenadas: 43°40′17″N 7°24′49″O / 43.671297, -7.41352

O CEIP Cervo nº 1 é un centro educativo público de ensino infantil e primario, situado en San Cibrao (Lieiro, Cervo).

CEIP Cervo nº 1
Tipocentro de educación infantil e primaria
EnSan Cibrao
PaísGalicia
43°40′17″N 7°24′49″O / 43.671297, -7.41352
editar datos en Wikidata ]

Ten xornada de mañá cun horario de 9:30 a 14:30. Tamén conta cun servizo de comedor xestionado pola Xunta de Galicia e servizo de biblioteca polas tardes, agás os luns. A ANPA tamén ofrece unha serie de actividades para aquelas familias que precisen deste servizo para os seus fillos /as, desta maneira as familias poden compatibilizar o seu traballo co coidado dos seus fillos/as.