CEIP Bergantiños

colexio público de infantil e primaria en Carballo

Coordenadas: 43°13′05″N 8°41′46″O / 43.218077, -8.696181

O CEIP Bergantiños é un centro pertencente á rede pública de colexios da Xunta de Galicia, situado en Carballo. Nel impártense clases de educación infantil (de 3 a 5 anos) e de educación primaria (de 6 a 12 anos). Leva o nome da comarca de Bergantiños. Está situado na rúa Carballo Calero, e inaugurouse o 25 de maio de 1980.

CEIP Bergantiños
Tipocentro de educación infantil e primaria
EnCarballo
PaísGalicia
43°13′05″N 8°41′46″O / 43.218077, -8.696181
editar datos en Wikidata ]

Información editar

O centro ten 630 alumnos e alumnas. Conta cunha biblioteca, cunha aula de lingua inglesa, aula de relixión católica, ximnasio, secretaría, aula de orientación, comedor, conserxería, dúas aulas do profesorado e aula de música, ademais das aulas do alumnado. Recentemente foi ampliado ao ser incluídas no centro as aulas de educación infantil.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.