CDLU é a marca deportiva propia do Club Deportivo Lugo, xestionada pola empresa Enfíos Texgroup con sede en Vilalba (Terra Chá). Creada no ano 2013, foi a marca oficial dos equipamentos do Lugo durante as temporadas 2013-14 e 2014-15, substituíndo a inglesa Umbro. Desde o 1 de agosto de 2015 deixa de ser a marca principal do Lugo, debido ao acordo do club coa firma dinamarquesa Hummel, continuando como encargada doutros produtos oficiais do club.

CDLU
TipoPrivada
Fundación2013
LocalizaciónGalicia Lugo
IndustriaTéxtil
editar datos en Wikidata ]

Deseño dos equipamentos 2013-14 editar

 
Equipamentos CDLU do CD Lugo.

Os equipamentos supoñen un lixeiro cambio nas cores do Lugo dos últimos anos, pasando de ser o pantalón do uniforme titular de azul escuro ao azul celeste da bandeira de Galicia. A camisola titular tamén leva detalles celestes acompañando ás tradicionais franxas verticais albivermellas. O segundo equipamento é completamente de cor gris con detalles en negro, diferenciándose do negro de anos anteriores, e o terceiro equipamento pasa ser negro con franxas diagonais celestes, semellante no deseño ao da selección galega. Ao igual que na anterior tempada, nas tres camisolas figura a lenda "1953. Forza Lugo" e a bandeira galega.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar