O CD114 (cluster de diferenciación 114) ou receptor do factor estimulante das colonias de granulocitos (G-CSF-R) é unha proteína da superficie celular de certas células precursoras hematopoéticas e outras codificada nos humanos no xene CSF3R do cromosoma 1.[1] A molécula funciona como un receptor para o factor estimulante das colonias de granulocitos (G-CSF).[2] Os receptores deste factor pertencen á familia dos receptores de citocinas coñecidos como familia de receptores da hematopoetina. O G-CSF-R está presente nas células precursoras da medula ósea, e, en resposta á estimulación polo G-CSF, fai que se inicie a proliferación celular e a diferenciación celular en granulocitos neutrófilos maduros e macrófagos. Está presente tamén en neutrófilos maduros, células da placenta, células endoteliais, e varías liñas celulares de carcinomas.[3]

Modelo do G-CSF-R (de PDB 2d9q).

O G-CSF-R é un receptor transmembrana que consta dunha porción de unión ao ligando extracelular, un dominio transmembrana, e a porción citoplasmática que é responsable da transdución de sinais. A unión do ligando do G-CSF-R está asociada coa dimerización do receptor e transdución de sinais por medio de proteínas como a Jak, Lyn, STAT, e Erk1/2.

Isoformas editar

Coñécense 4 isoformas.[4] A isoforma de clase IV funciona defectuosamente para a internalización de ligandos e a sinalización da diferenciación.

Importancia clínica editar

As mutacións neste xene son unha causa da síndrome de Kostmann, tamén chamada neutropenia conxénita severa.[5]

As mutacións na parte intracelular deste receptor están tamén asociadas con certos tipos de leucemia.[6]

En medicina clínica, suxeriuse que se debería evitar o uso do G-CSF, polo menos en nenos e adolescentes e quizais tamén en adultos cando está sobreexpresada a isoforma IV do G-CSF-R.[7]

Interaccións editar

O receptor do factor estimulante das colonias de granulocitos interacciona con Grb2,[8] HCK[9] e SHC1.[8]

Notas editar

  1. Tweardy DJ, Anderson K, Cannizzaro LA, Steinman RA, Croce CM, Huebner K (1992). "Molecular cloning of cDNAs for the human granulocyte colony-stimulating factor receptor from HL-60 and mapping of the gene to chromosome region 1p32-34". Blood 79 (5): 1148–54. PMID 1371413. 
  2. "Entrez Gene: CSF3R colony stimulating factor 3 receptor (granulocyte)". 
  3. OMIM 138971 COLONY-STIMULATING FACTOR 3 RECEPTOR, GRANULOCYTE; CSF3R
  4. UniProt CSF3R human
  5. Zeidler C, Welte K (2002). "Kostmann syndrome and severe congenital neutropenia". Semin. Hematol. 39 (2): 82–8. PMID 11957189. doi:10.1053/shem.2002.31913. 
  6. Beekman R, Touw IP (2010). "G-CSF and its receptor in myeloid malignancy". Blood 115 (25): 5131–6. PMID 20237318. doi:10.1182/blood-2010-01-234120. 
  7. Ehlers S, Herbst C, Zimmermann M; et al. (2010). "Granulocyte colony-stimulating factor (G-CSF) treatment of childhood acute myeloid leukemias that overexpress the differentiation-defective G-CSF receptor isoform IV is associated with a higher incidence of relapse". J. Clin. Oncol. 28 (15): 2591–7. PMID 20406937. doi:10.1200/JCO.2009.25.9010. 
  8. 8,0 8,1 Ward AC, Monkhouse JL, Hamilton JA, Csar XF (1998). "Direct binding of Shc, Grb2, SHP-2 and p40 to the murine granulocyte colony-stimulating factor receptor". Biochim. Biophys. Acta 1448 (1): 70–6. PMID 9824671. doi:10.1016/S0167-4889(98)00120-7. 
  9. Ward AC, Monkhouse JL, Csar XF, Touw IP, Bello PA (1998). "The Src-like tyrosine kinase Hck is activated by granulocyte colony-stimulating factor (G-CSF) and docks to the activated G-CSF receptor". Biochem. Biophys. Res. Commun. 251 (1): 117–23. PMID 9790917. doi:10.1006/bbrc.1998.9441. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

  • MeshName - CSF3R+protein,+human [1]