C/2021 A1 (Leonard)

cometa hiperbólico

O Cometa Leonard (C/2021 A1 (Leonard)) é un cometa de traxectoria case hiperbólica descuberto por GJ Leonard no Observatorio Mount Lemmon o 3 de xaneiro de 2021, un ano antes do perihelio.[1] É o primeiro cometa descuberto en 2021. A súa máxima aproximación á Terra (perixeo) foi o 12 de decembro de 2021, a unha distancia de 0,233 UA. O 18 de decembro de 2021 pasou a unha distancia de 0,0283 UA de Venus.[2] O máximo achegamento ó Sol foi previsto para o 3 de xaneiro de 2022. As primeiras informacións de visualización a ollo nu son de 5 de decembro de 2021.[3]

Observación do Cometa Leonard a finais de novembro de 2021.
Observación do Cometa Leonard a finais de novembro de 2021.
Animación de C/2021 A1 na súa órbita arredor do Sol no seu achegamento de 2021
       C/2021 A1 ·       Sol ·       Mercurio  ·       Venus ·       Terra ·       Marte

A súa órbita ten un perihelio de 0,61483 UA e un afelio de 3700 UA, o que o converte nun cometa de grande excentricidade de órbita, se ben non nun cometa de órbita hiperbólica.

Notas editar

  1. "MPEC 2021-A99 : COMET C/2021 A1 (Leonard)". minorplanetcenter.net. Consultado o 2021-01-10. 
  2. "C/2021 A1: Close-Approach Data". JPL Small-Body Database Browser. Consultado o 2021-01-10. 
  3. "Martin McKenna".