Código internacional de navegación marítima

O código internacional de navegación marítima utiliza bandeiras para transmitir mensaxes, ora entre dous ou máis barcos, ora entre un barco e a terra ou o porto. Existen bandeiras de diferentes formas e cores, de maneira que cada unha representa unha letra do alfabeto internacional, así como os números do 1 ao 0.

Comunicación naval

Cando un barco necesita transmitir unha mensaxe consistente en unha ou varias palabras ou números, iza no mastro dianteiro as bandeiras que representan as letras e números da mensaxe, aliñadas de arriba para abaixo. Se a mensaxe é máis longa, repetirase a operación con novas bandeiras.

Tamén se utilizan as bandeiras individualmente ou en combinacións de dúas, e neste caso teñen un significado determinado segundo un código internacionalmente vixente.

Desde que existe a radio, o uso das bandeiras de sinais para transmitir mensaxes diminuíu notabelmente. No entanto, séguense utilizando de forma xeneralizada as bandeiras individuais ou en combinacións de dúas ou máis, para sinalizar un aviso determinado. Deste xeito na Armada española segue a existir a figura do sinaleiro, que realiza os seus labores en contacto directo coa ponte de mando do navío. Determinadas sinalizacións son neste corpo de obrigado cumprimento, como por exemplo o aviso de práctico a bordo.

Tamén acostuman ser usadas para engalanar ao navío na celebración de actos festivos. Nese suposto as bandeiras adoitan ser izadas desde a proa ata a popa.

Letras e bandeiras editar

Letra Código NATO Bandeira Significado
A Alfa   Teño un mergullador na auga; consérvese afastado e a pouca velocidade.
B Bravo   Carga, descarga ou transporte de carga perigosa.
C Charlie   Si (Afirmativo).
D Delta   Mantéñase afastado, estou a manobrar con dificultade.
E Echo   Estou virando para estribor.
F Foxtrot   Estou con avaría; comunique comigo.
G Golf   Necesito dun piloto.
H Hotel   Teño piloto (práctico) a bordo.
I India   Estou virando para babor.
J Juliet   Estou con incendio a bordo: mantéñase afastado.
K Kilo   Desexo comunicarme con vostede.
L Lima   Vostede debe parar a súa embarcación inmediatamente.
M Mike   O meu navio está parado.
N November   Non (Negativo).
O
Oscar   Home ao mar.
P Papa   No porto: todas as persoas deben regresar a bordo pois o navio vai largar. No mar: pode ser usado por embarcacións de pesca para dicir: "As miñas redes poden obstruílo".
Q Quebec   Pido libre práctica (licenza para entrar en porto).
R Romeo   Sen significado (na Mariña Portuguesa esta bandeira poderá significar que o navio está en misión de busca e salvamento (SAR - Search And Rescue), en misión de fiscalización ou a efectuar operacións de reabastecemento no mar).
S Sierra   Estou dando marcha atrás.
T Tango   Barcos de pesca: estou pescando ao arrastre en parella. Mantéñase afastado.
U Uniform   Vai vostede en dirección a un perigo.
V Victor   Necesito auxilio.
W Whiskey   Pido asistencia médica.
X Xray   Pare as súas manobras.
Y Yankee   Estou manobrando para atrás para fixar a áncora.
Z Zulu   Necesito un remolcador.

Combinacións editar

As letras poderán ser combinadas adquirindo outros significados. Exemplo dalgúns sinais de dúas letras e o seu significado:

AC - Estou a abandonar o meu navio
AN - Preciso dun médico
BR - Necesito un helicóptero
CD - Pido asistencia inmediata
DV - Estou á deriva
EF - O SOS/Mayday encontrase cancelado
FA - Pode fornecerme a miña posición?
GW - Home ao mar. Efectúe a súa recollida
JL - Corre o risco de encallar
NC - Estou en perigo e pido asistencia inmediata
PD - As súas luces de navegación non son visíbeis
PP - Manteñase bastante afastado de min
QD - Estou a desprazarme para vante
QT - Estou a desprazarme para atrás
QU - Fondear non está permitido
QX - Solicito autorización para fondear
RU - Mantéñase afastado de min. Estou a manobrar con dificultade
SO - Debe parar o seu navio inmediatamente
UM - O porto está fechado ao tráfego marítimo
UP - Solicito autorización para entrar no porto con urxencia. Encóntrome en dificultades
YU - Vou comunicar coa súa estación a través do Código Internacional de Sinais
ZL - O seu sinal foi recibido mais non comprendido

Números editar

  1   2
  3   4
  5   6
  7   8
  9   0

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar