César Portela

arquitecto galego

César Portela Fernández-Jardón, nado en Pontevedra o 18 de abril de 1937, é un arquitecto galego.

Infotaula de personaCésar Portela
Nome orixinalCésar Portela Fernández-Jardón
Biografía
Nacemento18 de abril de 1937 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEscola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxePascuala Campos de Michelena Editar o valor em Wikidata
FillosSergio Portela, valor descoñecido, valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
PaiAgustín Portela Paz Editar o valor em Wikidata
Faro de Punta Nariga.
Museo do Mar en Vigo.
Casa do Home na Coruña.

Traxectoria editar

Fillo de Agustín Portela Paz. Estudou nas Escolas Superiores de Arquitectura de Madrid e Barcelona, licenciouse en 1966 e obtivo o doutoramento dous anos despois.

Traballou en Pontevedra, xunto á que era a súa dona, a arquitecta Pascuala Campos de Michelena.​ Mentres estiveron casados realizaron as súas obras en colaboración. O seu estudio de arquitectura está en Pontevedra.[1]

Unha das súas primeiras obras foi a casa para o párroco de Marín (1968), un atrevido prisma de formigón sobre zancos pegado a unha igrexa barroca. Aínda que o máis coñecido dos traballos daqueles primeiros anos é o complexo de vivendas para xitanos en Campañó (1971-1973), seleccionado xunto coa lonxa de Bueu (1971-1972) para a exposición Arquitectura e racionalismo. Aldo Rossi + 21 arquitectos españois viaxando por diferentes cidades españolas entre setembro de 1975 e outubro de 1976 e vinculado á revista 2C. Construcción de la ciudad.[2] Outras das súas obras daquela época son un bloque de vivendas no polígono industrial de Campolongo (1973) e os concellos de Pontecesures (1973-1975) e Forcarei (1974-1980) .

Foi profesor invitado en numerosas universidades e institucións, como a Escola Superior de Arquitectura de Pamplona, Nancy, Caracas, Lisboa ou Weimar. Colaborou na organización e deseño de diversos seminarios e obradoiros de arquitectura, como o dirixido canda a Aldo Rossi en Santiago de Compostela (1974), os Obradoiros Internacionais de Arquitectura de Napoli, Belfort, e Caracas, a IV Bienal de Arquitectura de Santander, ou o Seminario sobre Cultura e Natureza: Arquitectura e Paisaxe, dependente da Universidade Internacional Menéndez Pelayo na illa de San Simón, así como a dirección, con Óscar Tenreiro, do Seminario de Arquitectura da Universidade de Weimar.[3]

Galardoado co Premio Nacional de Arquitectura de España en 1999 polo edificio da Estación de Autobuses de Córdoba, ten recibido distincións e honras de diversas institucións nacionais e internacionais. Tamén levou a cabo un extenso labor docente, ocupando na actualidade a Cátedra de Proxectos Arquitectónicos da E.T.S. de Arquitectura da Coruña.

En 2021 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.[4]

En sesión ordinaria celebrada o día 18 de decembro de 2021, o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes acordou concederlle o título de académico de honra da Corporación.[5]

A súa concepción da arquitectura está nestas palabras súas: "A arquitectura refírese basicamente á construción do espazo. Do mesmo xeito que a pintura especula coa cor, a escultura coa forma, a literatura coas palabras, a fotografía coas imaxes, a música co son e o cine coa imaxe e co tempo, a arquitectura faino co espazo".[6]

Obras editar

Premios editar

  • 1981: Premio nacional de Urbanismo. Plan de intervención no Pazo de Oca e contorna. Dirección General de Urbanismo. MOPU.
  • 1989: Premio Galicia de Arquitectura.
  • 1994: Premio European urban and Regional planning. European Commission/European Council of Town Planners. Recuperación das marxes do río Arnoia, Allariz.
  • 1997: Premio Pedrón de Ouro do Patroado Rosalía de Castro.
  • 2000: Premio Nacional de Arquitectura Española.[14] Estación de Autobuses de Córdoba. Premio Cidade de Pontevedra do Concello de Pontevedra. Premio Pontus Veteris do Colexio de Arquitectos de Galicia,Delegación de Pontevedra.
  • 2002: Premio Europeo Philippe Rotthier. Cemiterio de Fisterra, A Coruña
  • 2005: Premio Europeo Philippe Rotthier. Museo do Mar, Vigo.[15]
  • 2021: Premio á traxectoria profesional na XIX edición dos Premios do Colexio de Arquitectos de Galicia.[16]
  • 2023: Medalla de Ouro dos arquitectos españois.[17]

Notas editar

  1. "César Portela Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2021-06-17. 
  2. "1977, núm. 8". upcommons.upc.edu (en inglés). Consultado o 2021-06-17. 
  3. "César Portela - pedrón de ouro Info. About. What's T". gl.buy-com.pp.ua. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-17. 
  4. "O arquitecto pontevedrés César Portela ingresa na Real Academia Galega de Ciencias". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-06-17. 
  5. "César Portela, novo académico de honra da Real Academia Galega de Belas Artes". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-12-18. 
  6. "Biografía del arquitecto: César Portela". Floornature.com. Consultado o 2021-06-17. 
  7. Facultade de Belas Artes de Pontevedra
  8. [1]
  9. [2]
  10. Pastor: "Esta ampliación convierte a Peinador en uno de los aeropuertos más importantes del país"
  11. "Un mirador de 115 metros sobre Caracas en homenaje al ideario de Simón Bolívar". Faro de Vigo (en castelán). 2014-05-16. Consultado o 2021-06-17. 
  12. SL, POMBAPRESS. "Así será la Estación Intermodal de A Coruña, aprobada hoy por la dirección de Adif, con diseño de Cesar Portela". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2021-06-17. 
  13. Región, La (2011-12-24). "César Portela cambia la faz de Xunqueira de Ambía". La Región (en castelán). Consultado o 2021-06-17. 
  14. Redacción (5 de maio de 2023). "Cesar Portela, Medalla de Oro de la Arquitectura 2023". arquitecturasprocesadas.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  15. $fb_urllavozdegalicia (2005-07-10). "El Museo del Mar, premio de arquitectura Philippe Rotthier". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-06-17. 
  16. "Os arquitectos galegos recoñecen a traxectoria de César Portela e o deseño dun edificio de Pontevedra". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-09-26. 
  17. "Los arquitectos españoles otorgan su Medalla de Oro a César Portela". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-05-05. Consultado o 2023-05-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar