Cándido Cerreda Pérez

empresario e político galego

Cándido Cerreda Pérez foi un empresario e político galego. Foi alcalde de Ourense entre 1873 e o remate da Primeira República en 1874.

Infotaula de personaCándido Cerreda Pérez
Biografía
Nacemento1832 Editar o valor em Wikidata
Galicia, España Editar o valor em Wikidata
Morte1908 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ourense
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , emprendedor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O edificio do concello de Ourense veu abaixo durante a súa alcaldía, o 24 de outubro de 1873, por mor do peso dun gran reloxo que se colocou nel para que o reloxo da catedral non fose o único da cidade.[1] Aquilo provocou que as reunións da corporación municipal tivesen que levarse a cabo en diferentes lugares da cidade até a inauguración da actual casa consistorial en 1890.

En abril de 1906, con 74 anos de idade, matou cunha escopeta un mozo chamado Manuel Santos na parroquia ourensá de Ceboliño. Foi xulgado en febreiro do ano seguinte e condenado a 14 anos e 8 meses de cadea, e ó pago de 4000 pesetas á nai do morto. Cándido Cerreda morreu dous anos despois.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


Predecesor:
Fernando Fernández Álvarez
  
Alcalde de Ourense
 
1873-1874
Sucesor:
José Seijo Pérez