Buton (tamén coñecida como Butung ou Boeton), é unha illa de Indonesia, que se atopa preto da costa da península suroriental de Sulawesi. Pertence á provincia de Célebes Suroriental.

Buton
Butung, Boeton ou Button
Pazo de Buton en 1930
Localización da illa
Situación
País Indonesia
ProvinciaSulawesi Tenggara
ArquipélagoCélebes
MarMar de Banda
Coordenadas5°3′S 122°53′L / -5.050, -122.883Coordenadas: 5°3′S 122°53′L / -5.050, -122.883
Xeografía
Superficie4.408 km²
Longura máxima150 km.
Largura máxima60 km.
Punto máis alto1.190 m. Wani, Buton
Demografía
CapitalBau-Bau (pob. 137,118)
Poboación447.408 (2010)
Lingua propiaWolio, Cia-cia

Historia editar

En tempos precoloniales, a illa, entón coñecida como Butung, atopábase na área de influencia de Ternate. Especialmente no século XVI servía como segundo centro rexional do imperio, contralando o comercio rexional e recadando impostos que eran enviados a Ternate.

Porto Murhum, en Bau-Bau, é o principal porto da illa, leva o seu nome en recordo de Sultán Murhum, o primeiro gobernante islámico da illa

Xeografía editar

A maior cidade da illa é Bau-Bau, onde se falan as linguas Wolio e Cia-Cia. As principais illas próximas son Wowoni ao norte, Muna e Kabaena ao oeste e Siumpu ao suroeste. As illas Tukangbesi, das que o golfo de Kolowana Watabo (Teluk Kolowana Watabo) separa a Buton atópanse ao oeste. Nelas fálase a lingua Tukang Besi.

A illa de Batuatas atópase ao sur. O paso de Bouton (como se coñecía antes da independencia) era unha importante canle de navegación no norte do mar de Flores.

Ecoloxía editar

A illa está cuberta por selva tropical e é famosa pola súa fauna. É un dos únicos dous hábitats do anoa, un tipo de búfalo.

Poboación editar

A tribo Cia-Cia da cidade de Bau-Bau utiliza o alfabeto coreano Hangeul para o seu idioma. A alfabetización baseouse en textos do Instituto de Investigación Hunminjeongeum, unha sociedade lingüística de Seúl.

Economía editar

A illa xera unha gran produción de asfalto e outros minerais.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar