Buru é unha illa indonesia pertencente ás Molucas, situada ao oeste de Ceram e Ambón. Na súa costa nororiental atópase a súa cidade e porto principal, Namlea.

Buru
Pulau Buru
Localización da illa
Situación
País Indonesia
ArquipélagoMolucas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas3°24′S 126°40′L / -3.400, -126.667
Xeografía
Superficie9.505 km²
Punto máis alto2729 m. Gunung Kaplamada
Demografía
CapitalNamlea
Poboación161.828 (2010)
Densidade17 hab./km²

Xeografía editar

Con 9.505 km², Buru é a terceira illa máis grande das Illas Molucas. O centro da illa é montañoso, cunha plana chaira costeira, onde viven un oitenta por cento dos seus 124.084 habitantes (2003). O punto máis alto é o Gunung Kaplamada en 2729 m.

Ébano, teca, sagú, e cocos son produtos máis importantes.

Historia editar

Antes da colonización holandesa, Buru estaba dentro do reino de Ternate. A illa foi ocupada pola Compañía Holandesa das Indias Orientais (COV) en 1658. Os colonos trasladaron pola forza a gran parte da poboación dos seus pobos do interior á chaira costeira, onde poderían estar máis estreitamente controlados. No século XIX, o control do goberno pasa da COV aós oficiais holandeses, os neerlandeses nomean líderes indíxenas, chamados raja en Buru, para administrar a illa para eles.

Buru converteuse nunha parte de Indonesia logo da independencia da nación en 1950. Durante a administración do presidente Suharto (1965-1998), a illa foi o lugar de explotación de campos de prisioneiros supostamente comunistas e outros disidentes. En 1977, ao redor de catorce mil prisioneiros residian na illa. O máis famoso dos internos foi o autor Pramoedya Ananta Toer. Sen lapis nin papel, compuxo as historias que se converteron no seu Cuarteto de Buru, contándoas verbalmente aos outros prisioneiros.

Como o resto das pertencentes ás Molucas, esta illa pertence ao área da Liña de Wallace, de grande interese científico pola súa rica biodiversidade dacabalo entre o Sueste asiático e Oceanía. Nela viviu unha subespecie da Lechuza de Campanario de Tanimbar, que se cre extinta na actualidade.

 

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar