Burato supraescapular

O burato supraescapular é un orificio do membro superior humano, pertencente ao ombreiro. É o lugar por onde pasan as estruturas entre a base do pescozo e a rexión posterior da escápula. Está formado pola incisura supraescapular da escápula e o ligamento transverso da mesma, que converte a incisura en burato.

Burato supraescapular
Omoplata esquerda, superficie dorsal
Latín Incisura scapulae
Gray tema #50 204

Pasa por el o nervio supraescapular. A arteria supraescapular e a vea supraescapular adoitan acompañar ao nervio, pero na maior parte dos casos pasan xunto ao ligamento, sen meterse polo burato.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)