Buraka Som Sistema

Buraka Som Sistema é un grupo de música electrónica de Amadora (Portugal). A formación está especializada no son kuduro, e están acreditados coma os creadores do kuduro progresivo[1].

Buraka Som Sistema
OrixeAmadora, Portugal
Período2006-
Xénero(s)Kuduro, Breakbeat, Grime
Selo(s) discográfico(s)Enchufada, Sony BMG
MembrosDJ Riot, Li'l John, Conductor, Kalaf
Na rede
http://www.buraka.tv/
Facebook: burakasomsistema Twitter: buraka Instagram: burakaofficial MySpace: burakasomsistema Souncloud: burakasomsistema Spotify: 6zUiRChNyL3HEezOd1Wjam iTunes: 195511742 Last fm: Buraka+Som+Sistema Musicbrainz: 2061f628-01cd-4343-a078-900f639d67fe Songkick: 419263 Discogs: 587435 Allmusic: mn0000944949 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Buraka Som Sistema formouse en 2006 da man de João Barbosa (Li'l John), Rui Pité (DJ Riot), Andro Carvalho (Conductor) e Kalaf Ângelo. Barbosa e Pité eran produtores de Cool Train Crew, do que Kalaf era un dos vocalistas. Os tres estaban interesados en crear un proxecto baseado no kuduro, e decidiron poñelo en marcha tras coñecer a Carvalho, un produtor de hip hop de Angola que estaba de paso por Portugal. O nome da formación está inspirado na freguesía de Buraca, do concello de Amadora.

O seu primeiro traballo foi o EP From Buraka, distribuído polo selo independente Enchufada. Nel estaba o que sería o seu primeiro éxito, o sinxelo "Yah!", coa colaboración da cantante angolana MC Petty. O álbum foi reeditado en formato CD, e valeulles para comezar darse a coñecer e actuar en festivais como Glastonbury, Roskilde ou Sónar.

En 2007 lanzaron un segundo EP, Sound of Kuduro, no que colabora M.I.A. e outros artistas angolanos e portugueses. Este traballo serviu de punto de partida para o lanzamento do segundo disco, Black Diamond (Sony BMG, 2008). O sinxelo de lanzamento, "Kalemba (wegue wegue)", conta coa voz de Pongolove. Ese mesmo ano Buraka Som Sistema gañou o premio ao mellor artista portugués nos MTV Europe Music Awards.

Discografía editar

Notas editar

  1. "Kuduro: the sound of Angolan dancefloors" Arquivado 17 de abril de 2009 en Wayback Machine., artigo en www.bbc.com (en inglés).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar