O bunraku (文楽?)[1] é o nome xenérico polo que é coñecido o teatro de monicreques xaponés Ningyō jōruri (人形浄瑠璃?) (monicreques e historias contadas). Caracterízase pola unión de tres artes escénicas distintas, os monicreques (ningyō), a recitación (jōruri) a cargo do recitador (tayū) e a música do shamisen.

Teatro de monicreques Ningyo Johruri Bunraku
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Xapón
LocalizaciónAsia
Criterios[[Patrimonio da Humanidade#Criterios de selección|]]
Inscrición2008
Identificador00064

O teatro de monicreques Ningyo Johruri Bunraku foi proclamado no 2003 e inscrito no 2008 na Lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da Unesco.[2]

Orixes editar

A orixe dos monicreques no Xapón non se coñece con exactitude, mais a maior parte dos estudosos coinciden que as monicreques participaban en antigos rituais relixiosos servindo como vehículo para facer chegar pregarias ós deuses, ou ben, o manipulador actuando como médium era posuído por un deus. Este tipo de uso aínda hoxe é frecuente en zonas rurais, no que o monicreque serve para protexer ós nenos de enfermidades. As figuras humanas representadas como bonecos ou monicreques, independentemente de se teñen movemento ou non, reciben en xaponés o nome de ningyō (人形), cuxo significado literal é “figura humana”.

Clasificación dos monicreques editar

Os monicreques clasifícanse seguindo diferentes criterios, un deles é polo número de manipuladores necesarios para operar con ela. Os papeis máis importantes necesitan de tres persoas, mentres que para os papeis secundarios un só operador abonda para o seu manexo.

Outra das divisións, en xeral a máis común, é segundo o tipo de cabeza do monicreque e distingue entre personaxes femininos e masculinos, e pola idade, clase social, personalidade e papel na obra. Entre os personaxes principais máis representados están:

  • danshichi Carácter forte.
  • kenbishi Oficiais.
  • komei Heroe.
  • wakaotoko Mozo adolescente e guapo.
  • fukeoyama Madrastra.
  • okusan Esposa, irmá e vella.

Notas editar

  1. Consello da Cultura Galega (ed.). "Bunraku no Dicionario de Termos Escénicos". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  2. "El teatro de marionetas Ningyo Johruri Bunraku". UNESCO Culture Sector. Consultado o 19-08-2010.