Bule, berra, chora
Bule, berra, chora é o primeiro traballo musical de Xosé Manuel Conde. Neste disco, o autor ponlle música a obras de poetas diversos, como o estremeño Luis Álvarez Lencero[1], e os galegos Darío Xohán Cabana, Manuel Antonio ou Luís Pimentel. Precisamente un verso do poema Canzón pra que un neno non durma de Luís Pimentel, é o que dá título á obra. O disco foi publicado no 1978 por Movieplay dentro da súa serie Xeira
Bule, berra, chora | |
---|---|
Álbum de Xosé Manuel Conde | |
Xénero(s) | Folk |
Selo(s) | Movieplay |
Lista de cancións editar
- Anónimas populares del s. XIX (Anónimo/Adaptación Xosé Manuel Conde) (2:54)
- Era rebelde e tiña (Luis Álvarez Lencero/Xosé Manuel Conde) (1:55)
- Xa non sei (Anxo Herido) (4:26)
- Ao pior mórrechese (Luis Álvarez Lencero/Xosé Manuel Conde) (2:26)
- Canzón pra que un neno non durma (Luís Pimentel/Xosé Manuel Conde) (2:36)
- Que non me choren teus bicos (Luis Álvarez Lencero/Xosé Manuel Conde) (2:15)
- A vaca (Darío Xohán Cabana/Xosé Manuel Conde) (2:17)
- Ise home está chorando (Luis Álvarez Lencero/Xosé Manuel Conde) (2:02)
- Ao afogado[2] (Manuel Antonio/Xosé Manuel Conde) (3:07)
- Muller labrega (Darío Xohán Cabana/Xosé Manuel Conde) (2:00)
- Meu carballo (D. Cernadas/Xosé Manuel Conde) (2:42)
Colaboracións editar
- Pilocha
- Gustavo Díaz
- Antón Cabaleiro
- Son Lalín
Ficha técnica editar
- Cuberta: Xoán Carlos Martínez
- Arranxos: Miguel Ángel Varona
- Son: Santiago Coello (Sonoland)
- Coordinador de gravación: Xerardo Rodríguez
- Director de produción: Gustavo Ramudo