O Bugatti Type 35 foi o modelo con máis éxito dos Bugatti de carreiras. Destaca pola "finura e elegancia do seu deseño", a súa versión co radiador en forma de arco que evolucionou a partir dos Bugatti Type 13 Brescia, se convertería na marca da casa máis coñecida aínda que nas versións dos distintos Tipo 35 houbo variacións sobre o tema.

Bugatti Type 35

Fabricante Bugatti
Período 1924 - 1931
Dimensións
Lonxitude 3 680 mm
Anchura 1 320 mm
Peso 750 kg
Modelos relacionados
Antecesor Bugatti Type 30


Bugatti Type 35C

O Tipo 35 foi un éxito fenomenal, gañou máis de 1.000 carreiras no seu tempo. Logrou Campionato do Mundo de Grandes Premios en 1926 logo de gañar 351 carreiras e establecer 47 rexistros nos dous anos anteriores. No seu apoxeo, os Tipo 35 promediaron 14 vitorias por semana. Bugatti gañou a Targa Florio durante cinco anos consecutivos, desde 1925 ata 1929, co Tipo 35.

Type 35 editar

 
Bugatti Tipo 37 (esquerda) e 35 (dereita) vehículos no Cité de l'Automobile Museum, Mulhouse

O modelo orixinal, presentado no Gran Premio de Lión o 3 de agosto de 1924, utilizaba unha evolución do motor 3 válvulas 2.0 L (1991 cc) árbore de levas e 8 en liña visto por primeira vez no Tipo 29. Producíronse 96 unidades.

Este novo motor co veo de manivelas montado sobre coxinetes e árbore de levas en cabeza, permitiu un motor fiable que proporcionaba 6000 rpm, e 90 CV (67 kW). Utilizaba Eixe ríxidos con béstas diante e detrás, e freo de tambor na parte posterior, accionado por cables. Os discos da roda de aliaxe foron unha novidade, para reducir o peso non suspendido. Unha segunda característica do Tipo 35, que se convertería nunha marca Bugatti era que os resortes pasaban a través do eixe dianteiro en lugar de entre os pernos en U como se facía nos seus coches anteriores.

Fíxose unha versión rara cun desprazamento total de 1´5 L (1494 cc). Hai dous destes coches raros en Nova Zelandia.

Dimensións:

  • Longo: 3680 mm
  • Largo: 1320 mm
  • Distancia entre eixes: 2400 mm
  • Track: 1200 mm
  • Peso: 750 kg
 
Bugatti Type 35A Grand Prix Racer 1925

Type 35A editar

<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

Unha versión menos custosa do Tipo 35 apareceu en maio de 1925. Chamado Tipo 35A na fábrica o nome foi ignorado polo público, é foi alcumado "Tecla" como un famoso fabricante de imitacións de xoiería. O motor do Tecla utilizaba tres casquetes de fricción, válvulas máis pequenas, e a bobina de encendido como o Type 30. Non só diminuíron os requisitos de mantemento, senón que tamén reduciuse a produción. Foron vendidos 139 unidades do tipo 35A.

 
Bugatti Type 35C Grand Prix Racer 1926

Type 35C editar

O Tipo 35C contou cun compresor Roots, malia o desdén de Ettore Bugatti pola indución forzada. O motor daba case 128 CV (95 kW) cun só carburador Zenith. O Tipo 35C gañou o Gran Premio de Francia de 1928 e 1930. Cincuenta unidades saíron da fábrica.

Type 35T editar

Para 1926, Bugatti presentou un modelo especial para a nova carreira Targa Florio. Chamado oficialmente Tipo 35T, pronto se fixo coñecido como o Targa Florio. O desprazamento do motor era de 2.3 L (2262 cc). Os cambios de regras nos Grandes Premios que limitaron a capacidade a 2´0 L limitaron o atractivo deste modelo con só trece producidos.

 
Bugatti Type 35B Grand Prix Racer 1929

Type 35B editar

<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

A versión final da serie Type 35 foi o Tipo 35B de 1927. Orixinalmente chamado Tipo 35TC, compartiu o motor 2.3 L do Tipo 35T pero engadiu un gran compresor como o tipo 35C. A potencia era de 138 cabalos de forza (102 kW), e realizáronse 45 unidades. O Tipo 35B gañou o Gran Premio de Francia de 1929.

 
Bugatti Type 37 Grand Prix Racer 1928
 
Bugatti Type 37A Grand Prix Racer 1929

Type 37 editar

<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

O chasis do Type 35 e a carrozaría foron reutilizados no deportivo Tipo 37. Equipado cun novo motor de 1´5 L (1496 cc) 4 en liña, foron construídas 290 unidades do Tipo 37. Este motor era un deseño SOHC de 3 válvulas e producía 60 hp (44 kW). O mesmo motor pasou a ser utilizado no Tipo 40.

Type 37A editar

O Tipo 37A sobrealimentado representaron 67 das unidades producidas do Tipo 37. A potencia do motor era de ata 80 - 90 CV. Tamén tiña tambores de freo máis grandes.

Type 39 editar

<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

O Tipo 39 era basicamente idéntico á do Tipo 35C agás do seu motor. Este foi modificado para ser máis pequeno de 1´5 L (1493 cc) cun veo de manivelas curto. Producíronse dez unidades.

Tamén existe unha estraña versión de 1´1 L (1092 cc).

Actividade deportiva editar

 
O Tipo 35 de Meo Costantini no seu debut en Lyon, 1924

O Tipo 35 en todas as súas formas tivo unha gloriosa carreira deportiva, converténdose nun dos coches deportivos máis exitosos de todos os tempos. Non se coñece o número exacto de vitorias, arredor de dúas mil documentadas. O debut non foi feliz, no Gran Premio de Francia de 1924, en Lyon, Bugatti levou o seu grupo de 5 pilotos, entre os mellores da época: Meo Costantini, Jean Chassagne , Ernest Friderich, Leonce Garnier e Pierre de Vizcaya, algúns dos cales xa eran múltiples gañadores co Tipo 13. Pero a mala sorte tocoulle aos Bugatti, de Vizcaya restirouse por un accidente, Costantini abandonou por un fallo na dirección e os outros tres picaronospneumáticos, non se produciu ningún accidente pero foron sétimo, oitavo e undécimo. Pero a partir do Gran Premio de San Sebastián xurdiu a turrada do Tipo 35. Entre as fazañas máis memorables hai que mencionar sen dúbida as 5 vitorias consecutivas na Targa Florio, entre 1925 e 1929, pero tamén o título mundial de Jules Goux en 1926, nun Bugatti Tipo 39A. Tamén houbo traxedias, como a morte de Pietro Bordino. O 15 de abril de 1928 quixo probar un Tipo 35C en Alessandria, antes dunha carreira, pero saíuse da estrada, un can cruzou de súpeto a estrada, e tras o envorco do coche nun torrente o piloto morreu afogado e o copiloto, ferido grave, faleceu pouco despois.

Estas son só algunhas das principais vitorias do Tipo 35:

 
Algunhas pilotos tamén pilotaron o Tipo 35: entre elas Janine Jennky, vitoriosa aquí na Copa de Borgoña de 1928 sobre un Bugatti Type 35C
 
Outra famosa piloto de Bugatti foi Eliška Junková
 
Piloto William Grover-Williams, "W Williams", gañador do Gran Premio de Francia de 1929
 
Louis Chiron, un dos pilotos máis vencedores do Bugatti Type 35
Principais vitorias e posicións do Tipo 35 e derivados
Data Evento Piloto Vehículo Posición
25 de setembro 1924 Gran Premio de San Sebastián Meo Costantini Tipo 35 2
3 de maio 1925 Targa Florio Meo Costantini Tipo 35 1
6 de setembro 1925 Gran Premio de Italia Meo Costantini Tipo 39 3
19 de setembro 1925 Gran Premio de San Sebastián Pierre de Vizcaya Tipo 35 4
28 de marzo 1926 Premio Reale di Roma Aymo Maggi Tipo 35 1
25 de abril 1926 Targa Florio Meo Costantini Tipo 35T 1
27 de xuño 1926 Gran Premio de Francia Jules Goux Tipo 39 1
18 de xullo 1926 Gran Premio de San Sebastián Jules Goux Tipo 39A 1
7 de agosto 1926 Gran Premio do reino Unido Malcolm Campbell Tipo 39A 2
5 de setembro Gran Premio de Italia Louis Charavel Tipo 39A 1
Meo Costantini Tipo 39A 2
12 de setembro 1926 Gran Premio de Milán Meo Costantini Tipo 35C 1
6 de marzo 1927 Gran Premio de Trípoli Emilio Materassi Tipo 35C 1
24 de abril 1927 Targa Florio Emilio Materassi Tipo 35C 1
25 de xullo 1927 Gran Premio de San Sebastián Emilio Materassi Tipo 35C 1
25 de setembro 1927 Course de côte de Gaillon Janine Jennky Tipo 35C 1
6 de maio 1928 Targa Florio Albert Divo Tipo 35B 1
16 de maio 1928 Gran Premio de Borgoña Janine Jennky Tipo 35C 1
10 de xuño 1928 Premio Reale di Roma Louis Chiron Tipo 35C 1
1 de xullo 1928 Gran Premio de Francia W Williams Tipo 35C 1
5 de xullo 1928 Gran Premio della Marna Louis Chiron Tipo 35B 1
25 de xullo 1928 Gran Premio de San Sebastián Louis Chiron Tipo 35C 1
29 de xullo 1928 Gran Premio de España Louis Chiron Tipo 35C 1
9 de setembro 1928 Gran Premio de Italia Louis Chiron Tipo 35C 1
Tazio Nuvolari Tipo 35C 3
5 de maio 1929 Targa Florio Albert Divo Tipo 35C 1
30 de xuño 1929 Gran Premio de Francia W Williams Tipo 35B 1
Caberto Conelli Tipo 35C 3
Albert Divo Tipo 35B 4
14 de xullo 1929 Gran Premio de Alemaña Louis Chiron Tipo 35C 1
Georges Philippe Tipo 35C 2
Guy Bouriat Tipo 35C 4
Mario Lepori Tipo 35B 5
25 de xullo 1929 Gran Premio de España Louis Chiron Tipo 35B 1
Georges Philippe Tipo 35C 2
Marcel Lehoux Tipo 35C 3
6 de abril 1930 Gran Premio de Mónaco René Dreyfus Tipo 35B 1
Louis Chiron Tipo 35C 2
Guy Bouriat Tipo 35C 3
20 de xullo 1930 Gran Premio de Bélxica Louis Chiron Tipo 35C 1
Guy Bouriat Tipo 35C 2
Albert Divo Tipo 35C 3
21 de setembro 1930 Gran Premio de Francia Philippe Etancelin Tipo 35C 1
Juan Zanelli Tipo 35B 3
Stanislas Czaikowski Tipo 35C 4
Jean de l'Espee Tipo 35C 5

Notas editar

Referencias

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar