O Tipo 13 realmente foi o primeiro coche Bugatti. A produción do Tipo 13 e posteriores Tipos 15, 17, 22 e 23, comezou coa fundación da compañía en 1910 e mantívose ata 1920 con 435 unidades producidas. A maioría dos coches usaron un motor de oito válvulas, aínda que cinco tipo 13 de carreiras tiñan cabezas de 16 válvulas. Os coches de estrada coñecéronse como "pur-sang" ("pura sangue") de acordo cos sentimentos de Ettore Bugatti polos seus deseños.

Bugatti Type 13

Fabricante Bugatti
Produción 435 producidos
Montaxe Molsheim, Alsacia
Período 1910 - 1914
Configuración
Tipo Roadster
Carrozaría Torpedo
Dimensións
Lonxitude 2 800 mm
Anchura 1 340 mm
Peso 450 kg
Características técnicas
Motor 4 cilindros en liña, 1327 cm3
Modelos relacionados
Antecesor Bugatti Type 10
Sucesor Bugatti Type 18

O coche volveu a producirse despois da primeira guerra mundial cun motor de válvulas múltiples para darlle fama á marca co nome de Brescia. A produción do Brescia tourer tamén achegou un diñeiro moi necesario.

Pre-guerra editar

Tipo 10 editar

O primeiro automóbil prototipo de Bugatti chamouse Tipo 10 e construíuse no soterrano de Ettore Bugatti en 1908 e 1909 mentres era o enxeñeiro xefe de Deutz Gasmotoren Fabrik en Colonia, Alemaña.

O Tipo 10 usou un motor monobloque[1] de 4 cilindros en liña, 1.1 L e 1131 cc. deseño do propio Ettore e moi avanzado para o tempo. Este montouse a unha carrozaría roadster aberta con Eixo rixido na parte frontal e traseira. Suspensión de ballesta diante e sen suspensión na parte traseira. Tiña freos traseiros de tambor accionados pos cables.

Ao terminar o seu contrato con Deutz, Ettore montou a súa familia no Tipo 10 e dirixiuse cara á rexión de Alsacia, que aínda formaba parte do Imperio Alemán, buscando unha fábrica para comezar a producir os seus propios autos. Logo da primeira guerra mundial, Alsacia volveu a formar parte de Francia e con ela Bugatti.

 
Bugatti Type 10

O coche conservouse e foi alcumado "a baignoire" ("a bañeira") polo persoal de Molsheim en anos posteriores debido á súa forma. Ettore restaurouno en 1939 e repintiuno cunha cor vermella-laranxa, gañando un novo sobrenome, "le homard" ("a lagosta"). Foi trasladado a Bordeos durante a segunda guerra mundial e permaneceu alí durante décadas antes de pasar a propiedade privada. Hoxe, o coche está en California nas mans dun coleccionista privado.

Tipo 13 editar

Ao comezar as operacións na súa nova fábrica en Molsheim, Bugatti refinou o deseño do seu coche dando lugar ao Tipo 13. Isto incluíu aumentar a cilindrada do motor a 1´4 L (1368 cc.). Un gran avance foi a cabeza de 4 válvulas que deseñou Bugatti, un dos primeiros concibidos do seu tipo. A potencia de saída con dous carburadores Zenith alcanzaba os 30 hp (22 kW) a 4500 rpm, máis adecuada para un coche de 300 kg.. Montóuse unha suspensión de ballestas todas as rodas e o coche montouse sobre unha base cunha distancia entre eixos de 2 metros.

A nova compañía produciu cinco unidades en 1910 e participou no Gran Premio de Francia en Le Mans en 1911. O pequeno Bugatti víase fóra de lugar na carreira, pero tranquilamente acadou o segundo lugar despois de sete horas de carreira.

A primeira guerra mundial provocou o cesamento da produción nesta rexión en disputa. Ettore levouse dous vehículos tipo 13 acabados a Milán durante a guerra, deixando as partes para tres máis enterradas preto da fábrica. Logo da guerra, Bugatti volveu, desenterrou as partes e preparou cinco Tipo 13 para as carreiras.

Tipo 15 editar

O Tipo 15 foi unha versión do Tipo 13 cunha distancia entre eixos máis longa, 2400 mm. Tiña un radiador de seis caras na fronte e suspensión de ballestas semi-elípticas atrás.

Tipo 17 editar

Tamén produciuse outra versión, o Tipo 17. Usou unha distancia entre eixes de 2550 mm. Compartiu o seu radiador hexagonal e a suspensión traseira co Tipo 15.

Tipo 22 editar

 
Bugatti modelo T22,de 1913 carrozaría vinet de tres asentos

O Tipo 15 foi actualizado en 1913 como o Tipo 22. Tiña unha carrozaría máis longa de camiños, un radiador oval e béstas de cuarto de círculo.

Tipo 23 editar

Unha versión de dúas válvulas do Tipo 17 cunha carrozaría de cola de barco construíuse en 1913 como o Tipo 23. Tamén tiña o radiador oval do Tipo 22.

Posguerra editar

Tipo 13 Brescia editar

Un Gran Premio para Voiturette en Le Mans foi o único evento francés de 1920, e Bugatti inscribiu os dous autos rematados de Milán e outro feito coas partes restantes. O acto ilegal de Ettore de poñer unha man na tapa do radiador durante a carreira levou a descualificación do coche líder.

O Tipo 13 era imbatible. Os coches de Bugatti remataron nos catro primeiros postos no Gran Premio de Brescia en 1921 e comezaron a chegar os pedidos. Capitalizando esta vitoria, todos os modelos posteriores de catro válvulas de Bugatti levaron o alcume de Brescia.

Estes foron os únicos modelos de Bugatti en levar o carburador no lado esquerdo do motor e o escape no dereito. Os freos nas rodas dianteiras engadíronse en 1926.

Tipo 23 Brescia Tourer editar

 
Bugatti Tipo 23 Brescia bipraza con cola de barco de 1921.

Bugatti capitalizou o éxito nas carreira do Tipo 13 "Brescia" dedicándose a producir en exclusiva o Brescia Tourer durante a posguerra. Utilizou o motor Brescia de válvulas múltiples e construíronse 2.000 unidades entre 1920 e 1926, converténdose no primeiro automóbil de válvulas múltiples de produción completa.

Notas editar

  1. Georgano, G.N. Cars: Early and Vintage, 1886-1930. (London: Grange-Universal, 1985)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar