Budzhak é o sur da rexión histórica de Besarabia, agora forma parte do óblast de Odesa, en Ucraína. Localízase no Mar Negro entre os ríos Danubio e Dniester e Moldavia.

Modelo:Xeografía políticaBudzhak
Bugeac (ro)
Bucak (gag)
Буджак (uk) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 46°00′N 29°30′L / 46, 29.5Coordenadas: 46°00′N 29°30′L / 46, 29.5
EstadoUcraína
ÓblastsÓblast de Odesa Editar o valor em Wikidata

O nome déuselle durante a ocupación otomá e deriva da palabra turca bucak (recanto) e nun principio designaba o territorio atinxido entre Akkerman, Bender e Ismail.

Budzhak foi e aínda é unha rexión multiétnica, os nogai habitaban a rexión ata o século XVIII cando foron forzados a emigrar pola colonización rusa. Unha parte da terra deixada polos nogais foi ocupada por gagausos e búlgaros. No século XIX chegaron colonos alemáns de Württemberg e Prusia, poboación que foi deportada en 1940. A antiga colonia xudía da rexión foi masacrada ou deportada durante a segunda guerra mundial. Segundo o censo ucraíno de 2001 a poboación da rexión era de 617.200: 40% ucraínos, 21% búlgaros, 20% rusos, 13% romaneses.

Distritos actuais editar

  • Artsyz (Арциз/Arciz/Artsiz)
  • Bilhorod-Dnistrovs'kyi (Білгород-Дністровський/Cetatea Albă/Akkerman)
  • Bolhrad (Болград/Bolgrad/Bolgrad)
  • Izmayil (Ізмаїл/Ismail/Izmail)
  • Kiliya (Кілія/Chilia-Nouă/Kiliya)
  • Reni (Рені/Reni/Reni/Tomarovo)
  • Tarutyne (Тарутине/Tarutino/Tarutino)
  • Tatarbunary (Татарбунари/Tatarbunar/Tatarbunary)
  • Sarata (Сарата/Sărata/Sarata)