Buck é un cráter complexo dentro da rexión de Navka do planeta Venus. Foi mapeado pola sonda Magallanes no ano 1990 e está situado nas coordenadas 5,7° S 349,6° E.[1] O cráter ten 22 km de diámetro[1] e posúe paredes con chanzos, un chan liso e escuro ó radar, ademais dun prominente pico central que fai que este cráter sexa clasificado coma complexo. O tamaño do pico central é dun tamaño infrecuentemente grande en relación ó diámetro do cráter. Depósitos semellantes ós das coladas de lava esténdense máis aló dos límites da crista do volcán, sobre todo en dirección oeste e suroeste. De xeito semellante a moitos dos cráteres mapeados até o de agora pola sonda Magallanes, este cráter ten un halo escuro ó radar que o rodea por completo.[2]

Buck
Imaxe de radar do cráter Buck feita pola sonda Magallanes.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 21,8 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 5,7° S 349,6° E[1](coord. centrais)
Procedencia do nome en honra a escritora americana Pearl S. Buck.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Buck on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 30-11-2011. 
  2. JPL/NASA (ed.). "PIA00470: Venus - Complex Crater 'Buck' in Navka Region". Photojournal. Consultado o 30-11-2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar