Robert Bruce Merrifield
Robert Bruce Merrifield nado en Fort Worth (Texas) o 15 de xullo de 1921 e finado en Cresskill (Nova Jersey) o 14 de maio de 2006, foi un bioquímico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1984.
Traxectoría editar
Estudou química na Universidade de California dos Ánxeles. En 1949 foi nomeado investigador auxiliar da Escola Médica e Docente do Universidade Rockefeller, cargo que ostentou ata 1966, a partir daquel momento ocupou a cátedra de bioquímica nesta mesma institución.
Finou por mor dunha longa enfermidade.
Investigacións científicas editar
Inicialmente realizou traballos na investigación das pirimidinas, especialmente na investigación dun método de cuantificación. Durante a súa estancia no Instituto Rockefeller realizou traballos sobre a síntese química dos péptidos na fase sólida de moléculas de aminoácidos e proteínas.
En 1984 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento dun método simplificado e práctico de producir péptidos e proteïnas.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1984 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1984 (en inglés)
- Robert Bruce Merrifield en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de Robert Bruce Merrifield en NNDB (en inglés)
Predecesor: Henry Taube |
Premio Nobel de Química 1984 |
Sucesor: Herbert A. Hauptman e Jerome Karle |