Bosque de Brocéliande
Camiño da porta dos segredos, no bosque de Brocéliande, entre o Vale sen Retorno e o miradoiro das Fadas
Marco Legal
Figura de Protección: parte do bosque é privado; hai regulacións específicas para a súa protección
Ano de constitución: {{{Ano de constitución}}}
Superficie: {{{Superficie protexida}}}
Lexislación:
Datos de interese
País: Bretaña
Provincias: Rexión da Bretaña, Francia
Concellos: Paimpont, Guer, Beignon, Saint-Péran e Concoret
Ríos: Río Av
Picos
Direccións de interese: Abadía de Paimpont, Castelo de Comper, Forxas de Paimpont, Castelo de Trécesson, faia de Pontus (derrubada), numerosos lugares da mitoloxía artúrica como a casa e tumba de Merlín, casa da dama do lago e monumentos como a estatua de Excálibur
Teléfonos:

Brocéliande, tamén escrito Brécilllien, Brecheliant[1] e Brec'heleané en bretón, é unha fraga mítica da lenda artúrica, identificada na actualidade coa fraga de Paimpont e antigamente coa fraga de Huelgoat ou de Quintin, todas elas na Bretaña.[2][3] O río Av nace en Brocéliande, a uns 200m de altura.

Literatura e mitoloxía editar

O primeiro texto que menciona esta fraga é o Roman de Rou do poeta anglonormando Robert Wace, en 1160.[1] Con todo, é en textos máis tardíos, onde se atopan ademais do seu nome actual, a maioría das súas atribucións.

Brocéliande é o fogar de numerosas lendas, incluíndo historias do mago Merlín, a fonte da eterna xuventude e o valente cabaleiro Lanzarote. Segundo a tradición, dentro deste bosque encóntrase o mítico Val sen Retorno de Morgana, a casa e a tumba de Merlín, a casa da dama do lago (un monumento megalítico) e moitos outros lugares de gran significado na tradición artúrica.[4][5]

Até o 2023 estaba na actual Brocéliande (Paimpont) unha fagus sylvatica chamada 'de Ponthus', o príncipe galego da literatura do século XV que loitou nesta fraga. A árbore foi derrubada pola borrasca Ciaran.[6][7][8]

Outros lugares de interese editar

  • Abadía de Paimpont - Construída no século XIII sobre un priorato do ano 645.
  • Estanque do paso do Acivro (Pas du Houx) - O maior estanque do bosque con 80 hectáreas.
  • Forxas de Paimpont - Establecidas en 1653, funcionaron até mediados do século XX.
  • Castelo de Comper - Situado ao norte do bosque, non está relacionado coa palabra bretoa "kemper" senón que provén probabelmente do antigo francés "combre" que significa encoro.
  • Castelo de Trécesson - Reconstruído no século XV, asociado á familia de Trécesson e á lenda da "Dama branca de Trécesson".

Notas

  1. 1,0 1,1 "Wace - Encyclopédie de Brocéliande". broceliande.brecilien.org (en francés). Consultado o 2023-11-05. 
  2. "Forests: Brocéliande (Paimpont) and Huelgoat". www.france.fr (en inglés). Consultado o 2023-11-05. 
  3. "La-foret-de-Broceliande". broceliande.brecilien.org (en francés). 
  4. "Merlin's Tomb - Tourist Office of Brocéliande (Brittany, France)". English - Office de Tourisme de Brocéliande, Paimpont (en inglés). Consultado o 2023-11-05. 
  5. "As paisaxes imaxinarias en Broceliande". ManuelGago.org. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2023. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  6. Ouest-France (2023-11-02). "La forêt de Brocéliande pleure le hêtre de Ponthus, tricentenaire abattu par la tempête Ciaran". Ouest-France.fr (en francés). Consultado o 2023-11-04. 
  7. Jehangir, Mahnoor (2023-11-04). "Storm Ciaran Uproots Legendary Ponthus Beech in France's Brocéliande Forest". BNN Breaking (en inglés). Consultado o 2023-11-05. 
  8. "Tempête Ciaran. Pourquoi le légendaire « Hêtre de Ponthus » de Brocéliande, vieux de 300 ans, n'a pas résisté aux vents violents". France 3 Bretagne (en francés). 2023-11-03. Consultado o 2023-11-05. 

Véxase tamén editar