A broa[1] ou boroa[2] é un tipo de pan tradicional feito con millo (pan de millo) típico de Galiza, Portugal e o Brasil (co mesmo nome nos tres países). Faise cunha mestura de fariñas de millo e trigo, ou millo e centeo (como a broa de Avintes), e fermento.

Pan de broa galego
Broa do Ceará (Brasil)

No Brasil adóitase adubar con fiúncho, e varía un chisco da receita do cornbread típico do sur dos Estados Unidos, xa que leveda con fermento natural e non químico.

Este pan ten un sabor e textura rústicos o que o fai axeitado para acompañar sopas, especialmente o caldo galego e portugués de verduras feito con verzas, repolo, pataca e chourizo.

Etimoloxía editar

O substantivo broa deriva do vocábulo da lingua gótica brauþ, que significa "pan"[3]. De aí bread no inglés actual.

Cultura popular editar

Artigo principal: O pan na cultura popular galega

  • Na novela Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, o autor sinala as preocupacións de Balbino ao comer pan de millo (á súa nai "sentáballe mal a broa"), mentres os nenos de familias máis adiñeiradas podían mercar "pantrigo".

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar