Britannia é un termo antigo para identificar á Britania romana e tamén a personificación feminina da illa. O nome é latino, e deriva da forma grega Prettanike ou Brettaniai, que orixinalmente designaba un conxunto de illas con nomes individuais, incluíndo Albion ou Gran Britain; porén, no século I a. C., Britannia converteuse no nome de uso para Gran Bretaña especificamente. No ano 43, o Imperio Romano comezou a conquista da illa, establecendo unha provincia que chamaron Britannia, que abranguía a parte sur da illa, excluíndo a Caledonia (actual Escocia). Os habitantes nativos celtas da provincia son coñecidos como bretóns.

Monumento da Armada Nacional en Plymouth, representando a Britannia.

Representación editar

No século II, a Britania romana personificouse como unha deusa, armada con tridente e escudo e levando un casco corintio.

O nome latino Britannia sobreviviu á fin do dominio romano no século V, e mantívose como nome da illa na maioría das outras linguas europeas, como "Britain" inglés e o "Prydain" galés. Despois de séculos de desuso, a forma latina reviviu durante o Renacemento inglés como unha evocación retórica da identidade nacional británica. Durante a Lei de Unión de 1707, que uniu os reinos de Inglaterra e Escocia, a personificación da Britannia marcial foi usada como emblema da Bretaña imperial como símbolo de poder e unidade. Aparece en tódalas series de moedas británicas ata o seu redeseño no 2008.

Hibernia editar

Artigo principal: Hibernia (personificación).

Hibernia é o termo latino para identificar a illa de Irlanda, e unha personificación de Irlanda, especialmente empregada no século XIX.[1] Era representada a miúdo como "irmá menor de Britannia" polos unionistas[2][3] que, incapaz de defenderse por si mesma recorre á súa irmá maior para protexela.[4] Eventualmente tamén foi usada por nacionalistas irlandeses ademais de outras como Ériu.

Notas

  1. Caleb, Amanda Mordavsky (2007). (Re)creating Science in Nineteenth-century Britain (en inglés). Cambridge Scholars Pub. ISBN 978-1-84718-220-3. 
  2. "Punch Cartoons: J.S.Lockwood". projects.vassar.edu. Consultado o 2024-03-28. 
  3. "Symbols of Ireland". web.archive.org. 2011-06-14. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2011. Consultado o 2024-03-28. 
  4. Bridgeman Art Library (ed.). "Dúas Forzas: A Liga da Terra Irlandesa prohibida. Britannia protexe a Hibernia (Irlanda) coa Forza da Lei contra a Forza da Anarquía. Caricatura de John Tenniel en Punch, Londres, 29 de outubro de 1881". Consultado o 16 de xaneiro de 2016. [Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hewitt, Virginia. "Britannia (fl. 1st–21st cent.)", Oxford Dictionary of National Biography, online edition 2007, consultado 28 Aug 2011
  • M. Dresser (ed.), 'Britannia', Patriotism: the making and unmaking of British national identity, vol. 3
  • R. Samuel, National fictions (1989), pp. 26–49
  • Britannia depicta: quality, value and security, National Postal Museum (1993)
  • H. Mattingly, "Nerva to Hadrian". Reimpresión (1976), vol. 3 de Coins of the Roman empire in the British Museum
  • J. M. C. Toynbee, The Hadrianic school: a chapter in the history of Greek art (1974)
  • M. Henig, 'Britannia', Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae, 3/1 (1983), pp. 167–69
  • K. T. Erim, 'A new relief showing Claudius and Britannia from Aphrodisias', Britannia, 13 (1982), pp. 277–81
  • H. Peacham, Minerva Britannia, or, A garden of heroical devises (1612)
  • J. Thomson, Britannia: a poem (1729)
  • R. Strong, Gloriana, the portraits of Queen Elizabeth I (1987)
  • H. A. Atherton, Political prints in the age of Hogarth. A study of the ideographic representation of politics (1974)

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar