Brigantium (publicación)

Brigantium, subtitulado Boletín do museo arqueolóxico e histórico de A Coruña, foi un boletín bilingüe anual editado polo Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña.

Brigantium
PaísEspaña
Lingua
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

 
Castelo de Santo Antón, sede do Museo Arqueolóxico e Histórico

Publicouse dende 1980 ata 1998 e foi dirixido por Felipe Senén López. O director honorario era Manuel Chamoso Lamas. Colaboraron nel, entre outros, José Manuel Vázquez Varela, Felipe Criado Boado, Fernando Alonso Romero, Jaime Delgado e Raquel Casal.

Os seus temas eran a prehistoria, a historia, a etnografía, a arqueoloxía, a arte, a epigrafía e a numismática. Sobresaíu pola presentación e calidade dos traballos, sempre ilustrados. O artigos comezaban por un resumo en castelán, galego ou inglés, segundo a lingua escollida polo autor.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar