Brian Eno

Músico británico, produtor musical, teórico musical e artista visual (nacido en 1948)

Brian Peter George St. John le Baptiste de la Salle Eno, nado en Woodbridge (Suffolk) o 15 de maio de 1948, comunmente coñecido como Brian Eno, é un músico, compositor, produtor, cantante e artista visual inglés, famoso por ser un dos principais innovadores na música ambiente.

Brian Eno
Eno en 2015
Nome completoBrian Peter George St. John le Baptiste de la Salle Eno
Data nacemento15 de maio de 1948
Nado enMelton e Woodbridge
IrmánsRoger Eno
Ocupacióncompositor, escritor, pintor, produtor musical, compositor de cancións, cantante, fotógrafo, músico, videoartista e conceptual artist
Relacionado conRoxy Music, David Bowie, Coldplay, Talking Heads, Robert Fripp, Cluster, Devo, U2, David Byrne, Robert Wyatt, 801
Tempo en activo1970 - actualidade
PseudónimoEno
Na rede
http://www.brian-eno.net/
IMDB: nm0006061 Allocine: 45989 Allmovie: p89026 IBDB: 516821
Facebook: brianenomusic Twitter: brianeno Instagram: brianeno MySpace: ambientlegend Youtube: UCDDJRnc_LsRm-_CAfRcKCZA TikTok: brianeno Bandcamp: brianenoallsaintsSouncloud: brian-eno-official Spotify: 7MSUfLeTdDEoZiJPDSBXgi iTunes: 38124 Last fm: Brian+Eno Musicbrainz: ff95eb47-41c4-4f7f-a104-cdc30f02e872 Songkick: 41530 Discogs: 634 Allmusic: mn0000617196 Deezer: 2042 Genius: Brian-eno Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Eno estudou na escola de arte Colchester Institute en Essex, inspirándose na pintura minimalista. Durante ese tempo na escola de arte gañou experiencia compoñendo, tocando e tomando clases na escola de música que había ao lado do Colchester Institute.

Uniuse á banda Roxy Music como teclista a principios dos 70 e o éxito da banda na escena glam rock chegou rapidamente. Pero Eno cansouse pronto dos confitos co vocalista Bryan Ferry e de saír de xira, e deixou o grupo despois da edición de For Your Pleasure (1973), comezando a súa carreira en solitario cos álbums de art rock Here Come the Warm Jets (1973) e Taking Tiger Mountain (By Strategy) (1974).

Eno abriuse cara a estilos de música máis experimentais con (No Pussyfooting) (1973) e Evening Star (1975), ámbolos dous colaborando con Robert Fripp, The Lamb Lies Down on Broadway (1974) con Genesis, onde o seu traballo aparece acreditado co nome "Enossification", e os seus influentes traballos en solitario Another Green World (1975) e Discreet Music (1975). Os seus esforzos pioneiros co son ambient comezaron a consumir o seu tempo con Ambient 1: Music for Airports (1978) e posteriormente con Apollo: Atmospheres and Soundtracks (1983), que foi composto para o filme documental For All Mankind. Porén, Eno seguiu cantando nalgúns dos seus discos, indo de Before and After Science (1977) a Wrong Way Up (1990) con John Cale, ata chegar os seus máis recentes Another Day on Earth (2005) e Drums Between the Bells (2011).

O traballo de Eno en solitario ten sido extremadamente influente, sendo pioneiro nas músicas ambiente e xenerativa, innovando técnicas de produción, e enfatizando "a teoría sobre a práctica". Tamén intruduciu o concepto de música aleatoria a audiencias máis xerais, particularmente a través de colaboracións con outros músicos. Cara finais dos 70, Eno traballou con David Bowie na súa "Berlin Trilogy", axudou a popularizar á banda punk rock estadounidense Devo e o xénero No Wave, e tamén realizou traballos frecuentemente con Harold Budd, John Cale, Cluster, Robert Fripp e David Byrne, co cal produciu o influente My Life in the Bush of Ghosts (1981). Produciu e tocou en tres álbums de Talking Heads, entre eles Remain in Light (1980); foi produtor de sete discos de U2, e traballou en álbums de James, Laurie Anderson, Coldplay, Depeche Mode, Paul Simon, Grace Jones e Slowdive, entre outros.

Eno realiza traballos multimedia á parte da súa carreira musical, onde se inclúen instalacións de arte, unha columna no xornal The Observer e outra columna sobre sociedade e innovacións na revista Prospect. Eno continua colaborando con outros artistas, producindo discos, editando a súa propia música e escribindo.

Discografía editar

Álbums de estudio en solitario
Álbum Ano Selo
Here Come the Warm Jets 1974 Island Records
Taking Tiger Mountain 1974 Island Records
Another Green World 1975 Island Records
Discreet Music 1975 Obscure Records
Before and After Science 1977 Polydor Records
Ambient 1: Music for Airports 1978 Polydor Records
Music for Films 1978 Polydor Records
Ambient 4: On Land 1982 E.G. Records
Apollo: Atmospheres and Soundtracks 1983 E.G. Records
More Music for Films 1983 E.G. Records
Thursday Afternoon 1985 E.G. Records
Nerve Net 1992 Opal, All Saints Records
The Shutov Assembly 1992 Opal, All Saints Records
Neroli 1993 All Saints Records
Headcandy 1994 BMG
The Drop 1997 All Saints Records
Another Day on Earth 2005 Hannibal Records
Lux 2012 Warp Records
The Ship 2016 Warp Records
Reflection 2017 Warp Records