Brandon Jennings

baloncestista estadounidense

Brandon Byron Jennings, nado o 23 de setembro de 1989 en Compton (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 1,85 metros de alzada, xoga na posición de base.

Brandon Jennings
Axente libre
Posición Base
Información persoal
Nacemento 23 de setembro de 1989 (34 anos)
Compton (California)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 77 kg (169 lb)
Información da carreira
Instituto Dominguez (Compton, California)
Oak Hill Academy
(Mouth of Wilson, Virginia)
Pre-draft club Lottomatica Roma
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 10
Por Milwaukee Bucks
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Lottomatica Roma (2008–2009) (LEGA)
Milwaukee Bucks (2009–2013)
Detroit Pistons (2013–2016)
Grand Rapids Drive (2015)
Orlando Magic (2016)
New York Knicks (2016–2017)
Washington Wizards (2017)
Shanxi Brave Dragons (2017)
Wisconsin Herd (2018)
Milwaukee Bucks (2018)
Zenit Saint Petersburg (2018)

É curmán do xogador do PBC Lokomotiv Kuban, Marcus Williams.[1] Despois de graduarse na Academia Oak Hill decidiu xogar profesionalmente ao baloncesto en Italia en lugar de xogar na liga universitaria coa Universidade de Arizona.

Traxectoria deportiva editar

Liga italiana editar

Tras formar parte en 2008 no prestixioso McDonald's All American Team,[2] ademais de conseguir na súa época de instituto case tódolos premios posibles a nivel individual, cunhas medias de 35,5 puntos e 6,8 asistencias por partido,[3] renunciou a senllos compromisos que tiña coas universidades de USC e Arizona por problemas de alcanzar o nivel académico, decidindo irse a xogar unha tempada á Lottomatica Roma da liga italiana.[4]

En Roma xogou 27 partidos de liga, nos que fixo 5,5 puntos e 2,3 asistencias, ademais de 2,1 roubos de balón, único aspecto no cal apareceu nas clasificacións da liga entre os 20 mellores.[5] O seu mellor rexistro anotador conseguiuno na Euroliga, nun partido ante Unicaja de Málaga, no que anotou 17 puntos.[3]

Polémica con Ricky Rubio editar

En xuño de 2009, Jennings fixo unhas polémicas declaracións nas que deixaba en mal lugar ao base español Ricky Rubio, comparándoo con el mesmo:

É todo publicidade, xogou os Xogos Olímpicos, é profesional desde os 14 anos... todo iso lévache a pensar que é correcto que estea aquí. Cando xoguei con el, as súas estatísticas foron cero puntos, dúas asistencias e dous balóns perdidos, como pode ser iso?. Creo que son mellor xogador que el, tiro mellor, as únicas veces que lle vin facer algo bo é un pase de béisbol ou algo así[6]

Poucos días despois, tras darse conta da magnitude das súas palabras, pediu perdón publicamente a través do seu Twitter:

Creo que me pasei. Equivoqueime dicindo que el é todo propaganda, non é xusto. Equivoqueime. Fóra da pista, Ricky Rubio é un gran tipo. Nunca quixen faltarlle ao respecto. De todos os xeitos penso que son o mellor xogador do draft e debo ser número 1.

NBA editar

Foi elixido na décima posición do Draft da NBA de 2009 por Milwaukee Bucks.[7] O 15 de novembro de 2009, converteuse no xogador máis novo da historia en anotar máis de 50 puntos no mesmo partido (55 puntos ante os Golden State Warriors)

O 31 de xullo de 2013, Jennings foi traspasado ós Detroit Pistons mediante un sign-and-trade, a cambio do base Brandon Knight, o aleiro Khris Middleton e o pivote Viacheslav Kravtsov.[8]

Notas editar

  1. "Brandon Jennings: 'I Can Run a Team'". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  2. "McDonald's All American Teams". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  3. 3,0 3,1 "NBA.com - DRAFT 2009 Prospects - Brandon Jennings". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2009. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  4. A estrela universitaria Brandon Jennings rompe coa NCAA e márchase a Italia
  5. "Estatísticas de Jennings en Roma". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  6. Brandon Jennings "racha" de Ricky Rubio
  7. "2009 NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2009. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  8. "Pistons complete trade with Bucks for Jennings". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 31 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 2 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar