Bornos é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2008 tiña 8.123 habitantes. A súa extensión superficial é de 55 km² e atópase a 79 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Modelo:Xeografía políticaBornos
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°49′16″N 5°44′37″O / 36.8212, -5.7435Coordenadas: 36°49′16″N 5°44′37″O / 36.8212, -5.7435
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Cádiz Editar o valor em Wikidata
CapitalBornos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación7.559 (2023) Editar o valor em Wikidata (139,18 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie54,31 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude182 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataHugo Palomares Beltrán (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal11640 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE11010 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbornos.es Editar o valor em Wikidata

Actualmente, Bornos vive fundamentalmente da agricultura.

Historia editar

Os primeiros restos humanos son do paleolítico inferior ou medio (hai uns 30.000 anos). Existen tamén restos que demostran presenza ibera e romana. As ruínas de Carissa Aurelia permiten coñecer esta época. A cidade de Carissa foi primeiro municipio romano e posteriormente "Cives Romani", con dereito incluso a acuñar moeda propia, durante o mandato de Vespasiano.

A poboación actual foi creada arredor do alcázar do Fontanar. Foi tomada por tropas cristiás a mediados do século XIII. Afonso X o Sabio, entregou a poboación a Per del Castel, cabaleiro gaditano. Logo cambia varias veces de man até que en 1398 vendeuse Bornos, o seu castelo e o seu termo, por 3.000 doblas, ao Adelantado Maior de Andalucía Per Afán de Ribera I. Permaneceu baixo o dominio da Casa de Alcalá até a independencia municipal, sendo a súa vinculación tal que o brasón dos Ribera e o escudo da poboación son idénticos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Bornos - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía