A bornita ou erubescita é un mineral do grupo dos sulfuros. É un sulfuro de ferro e cobre, de cor cobre manchado con iridescencias púrpuras, polo que se lle dá o alcume de mineral pavo real.

Bornita
Fórmula químicaCu5 Fe S4
ClaseSulfuro
Sistema cristalinoOrtorrómbico, dipiramidal
CorVermello cúprico, marrón cúprico, púrpura
BrilloMetálico
Dureza3 - 3,25 (escala de Mohs)
FracturaConcoidal
ExfoliaciónNon presenta
RaiaNegra gisácea
Densidade4,9 - 5,3 g/cm³

Desde 1725 foi mencionado en estudos de minería, pero non foi até 1845 cando lle puxo nome o mineraloxista austríaco Ignaz von Born (1742–1791).

Ambiente de formación editar

A bornita fórmase nas intrusións ígneas, formándose como mineral primario de cobre nos filóns pegmatíticos e hidrotermais asociados a cámaras magmáticas. Tamén pode aparecer de forma secundaria, nas zonas de oxidación dos depósitos asociada á malaquita.

Localización e extracción editar

Extráese pola súa importancia industrial como mena do cobre e encóntrase en depósitos porfíricos xunto con outra mena de cobre máis abundante e común, a calcopirita. Tanto a calcopirita como a bornita son substituídas por calcocita e covelita nos depósitos enriquecidos en cobre.

Tamén aparece diseminada en rochas ígneas máficas e en materiais sedimentarios cupríferos, algúns depósitos de gran riqueza en bornita como os que se encontran en México e nos Estados Unidos. Tamén hai grandes depósitos no Perú e Chile.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Palache, C., H. Berman, and C. Frondel (1944) Dana’s system of mineralogy, (7th edition), v. I, 195–197.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar