Boris Karloff
William Henry Pratt, nado en Londres (Inglaterra) o 23 de novembro de 1887 e finado en Midhurst (Sussex) o 2 de febreiro de 1969 foi un actor británico coñecido como Boris Karloff. Está considerado un dos grandes actores clásicos do cinema de terror, xunto con Béla Lugosi e Lon Chaney Jr..
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) William Henry Pratt 23 de novembro de 1887 Dulwich, Reino Unido (en) |
Morte | 2 de febreiro de 1969 (81 anos) Midhurst, Reino Unido (en) |
Causa da morte | Morte natural (Pneumonía ) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Boris Karloff |
País de nacionalidade | Reino Unido Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Educación | King's College de Londres Uppingham School (en) Enfield Grammar School (en) |
Altura | 180 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema , actor de teatro , actor |
Período de actividade | 1919 - 1963 |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Evelyn Hope (1946–1969), morte da persoa valor descoñecido (1930–1946), divorcio valor descoñecido (1924–1928), divorcio valor descoñecido (1920–1922), divorcio valor descoñecido (1916–1919), divorcio valor descoñecido (1910–1913), divorcio |
Pais | Edward John Pratt (en) e Eliza Sarah Millard (en) |
Premios | |
Páxina web | karloff.com |
| |
Lista
|
Traxectoria editar
Fillo de Edward John Pratt Jr. e a súa terceira muller Eliza Sarah Millard, naceu en Camberwell, Londres, e creceu en Enfield. Orfo na súa mocidade, asistiu a clases na Enfield Grammar School antes de trasladarse á Uppingham School, a Merchant Taylor’s School e, de xeito ocasional, á Universidade de Londres. A primeira idea de Karloff era unirse ao servizo diplomático, como o seu irmán Sir John Henry Pratt, que chegou a converterse nun distinguido diplomático. En 1909 Karloff viaxou ao Canadá, onde cambiou o seu nome. Por motivos de saúde non combateu na primeira guerra mundial.
Cando chegou a Hollywood participou en numerosos filmes mudos, antes de aparecer como o monstro de Frankenstein en Frankenstein (1931), filme que o converteu en estrela e rodou grazas a que Béla Lugosi rexeitou o papel. Un ano despois interpretou outra personaxe icónica, Imhotep, en The Mummy.
A súa altura e o éxito de Frankenstein encadrárono no xénero de terror, realizando numerosos filmes para a Universal Pictures, se ben participou en filmes doutros xéneros, como A patrulla perdida de John Ford en 1934. Karloff interpretou o monstro de Frankenstein dúas veces máis, en Bride of Frankenstein (1935) e en Son of Frankenstein (1939), con Lugosi como o tolo Igor. Son coñecidas as longas sesións de maquillaxe ás que tivo que someterse baixo a dirección do maquillador Jack Pierce e o incómodo traxe e os zapatos de plataforma que lle causaron danos no lombo que sufriu o resto da súa vida.
Sobre os escenarios de Broadway estreou en 1941 a obra Arsenic and Old Lace na que interpretaba un gánster, que ao longo da función era confundido co propio Karloff. Nos seus últimos anos actuou varias veces na televisión e nunca abandonou o teatro.
A pesar dos papeis que o fixeron famoso, Karloff foi coñecido na vida real como un cabaleiro xeneroso, sobre todo coa infancia. Nunca tivo a mal quedar encadrado como actor de filmes de terror, senón que considerou que era unha magnífica oportunidade para demostrar os seus dotes e sempre estivo agradecido por iso.
Finou de pneumonía no King Edward VII Hospital de Midhurst aos 81 anos.
Filmografía editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boris Karloff |
Bibliografía editar
- Lindsay, Cynthia. Dear Boris. Nova York: Knopf, 1975.
- Cortijo, Javier. "El aristócrata del terror". T&B: Madrid, 2000.
Ligazóns externas editar
- Boris Karloff na IMDb (en inglés).
- Páxina oficial