Bordo axilar da escápula

O bordo lateral ou axilar da escápula está situado na parte máis externa do óso. Esténdese dende a cavidade glenoide da escápula ata o ángulo inferior. Xusto por encima da súa orixe áchase o tubérculo infraglenoide da escápula, que é o punto de inserción da porción longa do tríceps. Nalgúns casos pode haber febras de inserción do músculo subescapular e na parte inferior, atópase a inserción cranial do músculo redondo maior.

Bordo axilar da escápula
Bordo axilar da escápula
Latín margo lateralis scapulae
Gray tema #50 203

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.