Boonlua

escritora e educadora tailandesa


Mom Luang Boonlua Debyasuvarn[1], nada co noome de Kunchon en Bangkok o 13 de decembro de 1911 e finada o 7 de xuño de 1982, foi unha escritora, tradutora e educadora tailandesa, coñecida co pseudónimo literario de Boonlua.[2][3] Está considerada unha das educadoras máis importantes de Tailandia durante unha fase crucial da modernización do país.[4]

Infotaula de personaBoonlua

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(th) หม่อมหลวงบุญเหลือ เทพยสุวรรณ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Bangkok, Tailandia Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xuño de 1982 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeTailandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Minnesota (pt) Traducir
Universidade de Chulalongkorn Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , tradutora Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsDō̜kmai Sot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi a menor dos 32 fillos e fillas de Chao Phraya Thewet, oficial de alta gradación, e a única filla de Mom Nual, bailarina clásica tailandesa. Fixo educación primaria nun convento católico, e a educación secundaria en Penang e na Escola Saint Mary’s S.P.G. en Bangkok. En 1936 graduouse en Lingua e literatura tailandesa pola Universidade Chulalongkorn, e en 1950 rematou un mestrado de Educación na Universidade de Minnesota.[5][2][6]

Despois de graduarse comezou a traballar como funcionaria, primeiro como profesora de literatura e despois na administración educativa para o Ministerio de Educación de Tailandia. Despois de facer o mestrado, para o que recibiu unha bolsa, regresou ao seu país. En 1968 encargóuselle crear a Facultade de Artes no campus do Palacio Sanam Chandra da Universidade Silpakorn.[7]

En 1970 deixou de traballar como funcionaria, e dedicouse á escrita.[8][2] Publicou cinco novelas, varios ensaios sobre literatura tailandesa e estableceu as bases para a crítica literaria moderna tailandesa.[7] Algunhas das súas obras foron traducidas ao inglés e analizadas en estudos de literatura comparada de Asia do Sueste. Tamén traduciu obras do inglés ao tailandés e do tailandés ao inglés.[9]

Vida persoal editar

A súa irmá Buppha Kunchon Nimmanhemin tamén é escritora, co pseudónimo literario de Dō̜kmai Sot.[10]

Obra editar

  • Thutiyawiset (1968; novela)
  • Suratnari ("O país de mulleres", 1972; novela)
  • Sneh Plai Jwak ("A culler máxica de cociñar"; novela curta)

Notas editar

  1. Mom Luang é un título que indica que foi tataraneta dun rei.
  2. 2,0 2,1 2,2 "M. L. Boonlua: Historical Background". Universidade Silpakorn. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 03 de outubro de 2019. 
  3. Kepner, Susan Fulop (1996). The Lioness in Bloom: Modern Thai Fiction about Women. p. 8. ISBN 0520915410. 
  4. "Celebration of anniversaries in 2012". UNESCO. 
  5. Miller, Jane Eldridge (2001). Who's who in Contemporary Women's Writing. pp. 42–43. ISBN 0415159806. 
  6. Kepner, Susan Fulop (2013). A Civilized Woman: M.L. Boonlua Debyasuvarn and the Thai Twentieth Century. ISBN 1630418188. 
  7. 7,0 7,1 Fry, Gerald W; Nieminen, Gayla S.; Smith, Harold E. (2013). Historical Dictionary of Thailand. pp. 64–65. ISBN 081087525X. 
  8. "Intimate view of an extraordinary life". Bangkok Post. 11 de abril de 2013. 
  9. M.L. Boonlua. "Her Works". Silpakorn University. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2019. Consultado o 03 de outubro de 2019. 
  10. Fry, Gerald W.; Nieminen, Gayla S.; Smith, Harold E. (2013). Historical Dictionary of Thailand. p. 138. ISBN 081087525X.