Bombardeo de Gernika

Coordenadas: 43°19′00″N 2°40′00″O / 43.31667, -2.66667

O bombardeo de Gernika, realizado o 26 de abril de 1937, foi un ataque aéreo á vila vasca de Gernika durante a Guerra Civil Española. O ataque, lanzado por avións alemáns da Lexión Cóndor e italianos da Aviazione Legionaria, causou gran cantidade de vítimas civís e destruíu boa parte da vila. A incursión foi bautizada co nome de Operación Rügen.

Bombardeo de Gernika

Ruínas de Guernica
Data: 26 de abril de 1937
Lugar: Gernika, Biscaia
Conflito: Guerra Civil Española
Desenlace: incendio e destrución da cidade

O número de vítimas do ataque está en disputa; o goberno vasco falou de 1.654 persoas mortas,[Cómpre referencia] pero especulacións modernas suxiren que morreron entre 200 e 400 civís.[Cómpre referencia] Arquivos rusos revelan 800 mortes o 1 de maio de 1937, pero esta cifra non inclúe ás vítimas que morreron posteriormente nos hospitais polas feridas sufridas, ou a daqueles corpos atopados baixo os cascallos.[Cómpre referencia] O bombardeo foi considerado unha das primeiras incursións aéreas na historia da aviación moderna contra unha poboación indefensa,[Cómpre referencia] e foi denunciado como un acto terrorista,[Cómpre referencia] a pesar de que Madrid fora bombardeada varias veces con anterioridade durante a guerra. O bombardeo inspirou o cadro máis famoso de Pablo Picasso, o Guernica.

Gernika editar

Gernika fora dende moito tempo atrás un centro de gran significado para o pobo vasco. Tradicionalmente era o lugar onde se reunían as Xuntas Xerais de Biscaia, baixo o carballo coñecido como a Árbore de Gernika (Gernikako Arbola); en anos máis recentes as Xuntas continuaron reuníndose en Gernika na Casa de Xuntas, sede do arquivo do País Vasco.

Situación militar editar

Os avances das tropas nacionais lideradas por Francisco Franco comeran gran parte dos territorios controlados polo Goberno da República. O Goberno Vasco, un corpo administrativo rexional autónomo formado por nacionalistas vascos e xente de esquerdas, intentou defender Biscaia e partes de Guipúscoa co seu propio Exército Vasco.,[Cómpre referencia] No momento do ataque, Gernika representaba un punto estratéxico para as forzas republicanas, ao atoparse entre as forzas nacionais e a cidade de Bilbao, que era vista como unha praza clave para rematar a guerra no norte da península. Gernika foi tamén o camiño de retirada para os republicanos dende o nordés de Biscaia.

Antes do ataque da Lexión Cóndor, a cidade non participara directamente nos combates, aínda que as forzas republicanas se atopaban na zona; 23 batallóns do Exército Vasco estaban na fronte leste de Gernika. A cidade tamén servía como cuartel de dous batallóns, pero non tiña defensas antiaéreas estáticas.,[Cómpre referencia]

Véxase tamén editar