Bolinho de bacalhau

Bolinhos de bacalhau ou pastéis de bacalhau son unha especialidade da gastronomía portuguesa e son tamén moi populares na Angola e no Brasil.

Un prato con bolinhos de bacalhau.

No centro e sur de Portugal son coñecidos por pastéis de bacalhau e, no norte, por bolinhos de bacalhau.

Os pastéis de bacalhau foron uns dos pratos finalistas ás 7 Marabillas da Gastronomía portuguesa.

Historia editar

A primeira receita oficial do bolinho de bacalhau data de 1904, nun libro chamado Tratado de Cozinha e Copa, de Carlos Bandeira de Melo, un oficial do exército portugués que empregaba o pseudónimo Carlos Bento da Maia. A obra de Carlos Melo entraría na historia como a primeira en presentar unha receita do prato.

 
Bolinhos de bacalhau caseiros.

A pesar de indicar o modo de preparación e os ingredientes, o autor omitiu a relación e proporción dos ingredientes, no entanto, a súa descrición serviu como base para as variacións da receita existentes até os nosos días.

 
Bacallau seco.

Variantes editar

Pastel de bacallau brasileiro editar

No Brasil tamén se pode atopar unha variante que, a pesar de ter o nome de "pastel de bacalhau", similar ao nome empregado en parte de Portugal e nos PALOP para o bolinho de bacalhau, é lixeiramente distinto, referíndose a un pastel, alimento típico brasileiro semellante á empanada latinoamericana que consiste nunha masa rechea con algún ingrediente e fritida; neste caso específico, recibe o reencho de bacalhau. Este tipo de pastel tivo a súa orixe nunha receita de emigrantes portugueses que se estableceron en São Paulo e lanzaron esa iguaria no Hocca Bar, localizado no Mercado Municipal de São Paulo.