Bodonal de la Sierra

Bodonal de la Sierra é unha pequena localidade situada ao sur da provincia de Badaxoz asentada nun val nos contrafortes da serra de Tentudia. Trátase dunha típica vila pequena (algo máis de 1000 habitantes), cunha superficie de 68 km², rodeada de oliveiras e aciñeiras. De feito áchase dentro do maior bosque arborado existente en España que se estende polas provincias de Badaxoz, Huelva e Sevilla.

Modelo:Xeografía políticaBodonal de la Sierra
Imaxe

Localización
Mapa
 38°08′54″N 6°33′36″O / 38.148333333333, -6.56Coordenadas: 38°08′54″N 6°33′36″O / 38.148333333333, -6.56
EstadoEspaña
Comunidade autónomaEstremadura
ProvinciaProvincia de Badaxoz
MunicipioFregenal de la Sierra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalBodonal de la Sierra (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.001 (2023) Editar o valor em Wikidata (14,63 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie68,4 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude611 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataLourdes Linares Matito (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal06394 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE06021 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbodonaldelasierra.es Editar o valor em Wikidata

Cunha denominación proveniente con case toda seguridade do árabe ('al' significa abundancia) nos seus arredores hai vestixios arqueolóxicos probablemente celtas (Castrejón) que se atopan por determinar arqueoloxicamente.

De Bodonal son famosas as súas festas como a Candelaria (2 de febreiro) na que os aldeáns fan diversas candeas polas rúas da vila durante a noite e á luz e calor das cales comen e beben; San Isidro (15 de maio) excepcional romaría que se celebra nos arredores nunha devesa de aciñeiras onde se degustan pratos típicos, cántase e báilase, e Virxe de Flores (8 de setembro) onde os bonalejos e visitantes gozan de varios días de capeas na tarde e verbenas populares na noite.

Os produtos típicos da zona son o porco ibérico (está na terra do mesmo), o queixo de cabra que artesanalmente se seguen facendo nalgunhas casas, e viños de pitarra que se conseguen de pobos veciños.