Bocadillo de luras

O bocadillo de luras é unha especialidade culinaria moi frecuente en España consistente en, ou ben luras rebozadas en fariña e fritidas en aceite que adoita ser de oliva, ou ben a versión cun mollo de tomate picante e maionesa con allo semellante á das patacas bravas.[1] Adóitase servir quente, acabado de facer. Este tipo de bocadillo (a versión sinxela sen mollo) é moi popular en Madrid e pode atoparse na maioría dos bares da capital, sendo moi típico da Praza Maior de Madrid.[2][3] En Zaragoza é tradicional a versión con mollo picante (tomate, maionesa e allo), e denomínaselle bocadillo de luras bravas.

Bocadillo de luras en baguette acompañado dunha cervexa.
Bocadillo de luras.
Bocadillos de luras bravas en Zaragoza acompañados dunha cervexa.

Preparación editar

Adóitanse cortar as luras en talladas con forma de anel dun centímetro de grosor, e rebózanse con fariña e lévedo químico. Despois frítense en aceite fervendo lixeiramente ata que queden douradas.[4]

Notas editar

  1. Néstor Luján, (1994), "Como piñones mondados, Cuento de Cuentos de Gastronomía",Ed. Folio,Barcelona, pp:123
  2. "¿Por qué el bocata de calamares es un plato típicamente madrileño?". Madrid Secreto. 
  3. Joaquín de Entrambasaguas, (1971), "Gastronomía Madrileña", Instituto de Estudios Madrileños, páx. 23
  4. Manuel Martínez Llopis, Simone Ortega, (1987), «La cocina típica de Madrid», Alianza Editorial. páx. 311

Véxase tamén editar

Outros artigos editar