Bob Mould

músico estadounidense

Bob Mould, nado en Malone (Nova York) o 16 de outubro de 1960, é un músico estadounidense, coñecido sobre todo polo seu traballo como guitarrista, vocalista e compositor da banda de rock alternativo Hüsker Dü.

Infotaula de personaBob Mould

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónMacalester College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , cantautor , produtor musical , dramaturgo , compositor de cancións , músico , blogueiro , cantante , disc-jóckey Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoRock alternativo, punk rock, Post-hardcore, power pop e Noise pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoWarner Bros. Records
Virgin Records
Warner Bros.
Rough Trade Records
Creation Records
Rhino Entertainment Company
Merge Records Editar o valor em Wikidata

Páxina webbobmould.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0609690 Facebook: bobmouldmusic Twitter: bobmouldmusic Instagram: bobmouldmusic MySpace: bobmould Souncloud: bobmouldmusic Spotify: 0fWvSXbvztkeHEnEuYvU2A iTunes: 524371 Last fm: Bob+Mould Musicbrainz: d7f5305a-15fc-4af4-a61b-f6f45510cc8f Songkick: 154576 Discogs: 254538 Allmusic: mn0000058386 Deezer: 75834 Genius: Bob-mould Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Nado en Malone, Nova York,[1] Mould viviu en varios lugares, incluída a área de Minneapolis-St. Paul, onde asistiu ao Macalester College.[2] Alí formou Hüsker Dü a finais dos anos 70 co batería/cantante Grant Hart e o baixista Greg Norton.[3] Mould e Hart foron os principais compositores de Hüsker Dü, coa voz máis aguda de Hart e a barítona de Mould alternándose nas cancións.

Hüsker Dü editar

Formada en 1979, Hüsker Dü gañou notoriedade como grupo de punk rock cunha serie de gravacións co selo independente SST Records.[4] En 1986 a banda asinou cun gran selo (Warner Bros. Records), pero só conseguiu un modesto éxito comercial.[5] Porén, posteriormente foron citados habitualmente como un dos grupos máis influentes do rock alternativo dos 90 por bandas como Nirvana[6] e Pixies.[7]

A finais dos anos 80 Hüsker Dü separouse amargamente entre abuso de drogas dos membros, problemas persoais, disputas sobre os créditos das cancións, dirección musical, e o suicidio do representande do grupo, David Savoy.[8][9][10] Mould e Grant Hart, o outro compositor e vocalista da banda, aínda se criticaban ocasionalmente na prensa ata a morte de Hart en 2017, aínda que os dous repasaron brevemente a discografía de Hüsker Dü xuntos nun concerto benéfico en 2004 para axudar a un amigo enfermo, Karl Mueller de Soul Asylum.[8]

Primeiro período en solitario editar

Tras a disolución de Hüsker Dü en 1988, Mould recluíuse nunha remota granxa en Pine City, Minnesota,[11] deixando o alcol e as drogas e compoñendo cancións que acabarían converténdose no seu primeiro álbum en solitario.[12] Mould asinou coa nova Virgin Records America, e o seu álbum de 1989 Workbook deixaba de lado o tradicional muro de ruído de guitarra de Mould por un ton máis lixeiro. O batería Anton Fier (de The Feelies e posteriormente The Golden Palominos) e o baixista Tony Maimone (de Pere Ubu) serviron como sección rítmica de Mould. O álbum chegou ao número 127 da lista Billboard 200, e o sinxelo "See a Little Light" acadou o número 4 na lista Billboard Modern Rock Tracks.[13]

O álbum de 1990 Black Sheets of Rain tiña un son de guitarra moito máis pesado, recordando os momentos máis fortes de Hüsker Dü. Segundo o libreto da reedición de 2012 do disco de Sugar Copper Blue, o presidente de Creation Records Alan McGee verificou que o total de vendas do álbum fora de 7 000 copias.[4] Aínda así, o álbum chegou ao número 123 da lista Billboard 200, e o sinxelo "It's Too Late" acadou o número 10 da Billboard Modern Rock Tracks.[2]

Mould tamén cofundou un selo discográfico, Singles Only Label, xunto con Steve Fallon, fundador de Coyote Records. O selo editou sinxelos de artistas como Daniel Johnston, Grant Lee Buffalo, Moby, Mojo Nixon, Morphine, Nikki Sudden, e R. Stevie Moore de 1989 a 1994.[5][6]

Sugar editar

Posteriormente Mould formou o grupo Sugar co baixista David Barbe e o batería Malcolm Travis. Ademais de xirar extensivamente, Sugar publicou dous álbums, un EP e unha colección de caras b antes de separarse. Copper Blue de 1992 foi nomeado Álbum do Ano pola NME, sendo o disco máis exitoso de Mould tras vender case 300 000 copias.[14]

Mentres aínda estaba en Sugar, en 1993 contribuou coa canción "Can't Fight It" como artista en solitario ao álbum benéfico pola loita contra o SIDA No Alternative producido pola Red Hot Organization.[15] En 1994 gravou "Turning of the Tide" para Beat The Retreat, un álbum tributo ao guitarrista e compositor inglés Richard Thompson.[16]

Segundo período en solitario editar

 
Mould en 2007

En 1996 Mould volveu a gravar en solitario, publicando o álbum Bob Mould ese mesmo ano a través de Rykodisc, coñecido tamén como Hubcap pola foto da portada. Mould tocou todos os instrumentos e programou as baterías en vez de usar un batería real. O álbum chegou ao número 101 da lista Billboard 200, e ao 1 da Heatseekers.[17]

En 1998, Mould publicou The Last Dog and Pony Show, o seu derradeiro álbum con Rykodisc (que publicara todos os álbums de Sugar nos Estados Unidos). O álbum foi chamado así debido a que Mould decidira que a seguinte xira sería a súa "derradeira xira eléctrica cunha banda".[18]

Tras a xira, Mould tomou un descanso na súa carreira musical para centrarse noutra das súas paixóns, a loita libre profesional, cando se uniu á WCW como guionista en 1999 durante un breve período.[19] Diferenzas creativas con algúns dos outros escritores fixo que Mould deixase a compañía e regresase á música. O libreto do álbum de 2002 Modulate deulle as grazas a algúns dos loitadores cos que traballara, destacando Kevin Nash e Kevin Sullivan.

Durante unha tempada vivindo en Nova York a finais dos 90, a medida que abrazaba máis plenamente a súa identidade como home homosexual, os gustos de Mould desviáronse cara a música dance e a electrónica. Esas influencias estaban claras no seu lanzamento de 2002 Modulate, que recibiu críticas dispares e unha pobre reacción dos seus seguidores.[20] Para seguir desenvolvendo ese son Mould tamén comezou a gravar baixo o pseudónimo LoudBomb (un anagrama do seu nome), editando o disco Long Playing Grooves con ese nome.[21]

O seu seguinte álbum en solitario, Body of Song, tería que ser publicado xusto despois de Modulate. Porén, Mould traballou no disco durante os tres anos seguintes, lanzándose en 2005. Nesa época cambiou de opinión sobre xirar cunha banda e anunciou a súa primeira xira con este formato dende 1998. O grupo de apoio estaba formado polo baixista Jason Narducy (de Verbow), o batería Brendan Canty (de Fugazi), e o colaborador de Mould en Blowoff, Morel, nos teclados.[22]

Ademais do seu traballo en solitario, Mould tamén traballou como DJ en colaboración co artista de música dance da área de Washington DC Richard Morel, baixo o estandarte do colectivo Blowoff. Actuaban frecuentemente no 9:30 Club en Washington, D.C. Un CD de Blowoff foi editado en setembro de 2006, formado por cancións gravadas xuntos. Mould tamén fixo remesturas para distintos artistas de música dance e rock alternativo, como unha remestura do tema de Interpol "Length of Love".[23]

District Line foi editado o 5 de febreiro de 2008, e meses despois, en abril de 2009, Mould lanzou o seu seguinte álbum, titulado Life and Times, no medio da investigación da súa vida para unha autobiografía.[24]

Mould finalmente escribiu esas memorias con Michael Azerrad, o autor de Our Band Could Be Your Life e Come as You Are: The Story of Nirvana. O libro, See a Little Light: The Trail of Rage and Melody, foi publicado en xuño de 2011.[25]

O 6 de agosto de 2012 Mould publicou o primeiro sinxelo do seu primeiro álbum con Merge Records, Silver Age, lanzado o 4 de setembro.[26] O disco chegou ao número 52 da lista Billboard 200, ao 12 na lista Alternative Albums, e ao 3 da Tastemaker Albums. En 2014 Mould publicou Beauty & Ruin e en marzo de 2016 Patch the Sky.

O 25 de outubro de 2018 Mould compartiu unha canción nova, "Sunshine Rock", sacada do seu novo álbum co mesmo nome que sería editado o 8 de febreiro de 2019 por Merge Records

O 3 de xuño de 2020 Mould lanzou a canción "American Crisis", o sinxelo principal do seu derradeiro álbum ata a data, Blue Hearts, publicado o 25 de setembro dese mesmo ano.[27]

Discografía (tras Hüsker Dü) editar

Álbum Ano Selo Observacións
Workbook 1989 Virgin Records
Black Sheets of Rain 1990 Virgin Records
Copper Blue 1992 Rykodisc, Creation con Sugar
File Under: Easy Listening 1994 Rykodisc, Creation con Sugar
Bob Mould 1996 Rykodisc, Creation
The Last Dog and Pony Show 1998 Rykodisc, Creation
Modulate 2002 Cooking Vinyl, Granary Music
Long Playing Grooves 2002 Cooking Vinyl, Granary Music
Body of Song 2005 Cooking Vinyl, Yep Roc Records
District Line 2008 Anti-, Beggars Banquet
Life and Times 2009 Anti-
Silver Age 2012 Edsel Records, Merge Records
Beauty & Ruin 2014 Merge Records
Patch the Sky 2016 Merge Records
Sunshine Rock 2019 Merge Records
Blue Hearts 2020 Merge Records

Notas editar

  1. "NPR Cookie Consent and Choices". choice.npr.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2021. Consultado o 2022-06-22. 
  2. 2,0 2,1 "Music Makers" (en inglés). Consultado o 2022-06-22. 
  3. "Bob Mould looks back on Hüsker Dü with 'rage and melody'". MPR News (en inglés). Consultado o 2022-06-22. 
  4. 4,0 4,1 "SST Records- Perfect Sound Forever". web.archive.org. 2012-07-03. Archived from the original on 03 de xullo de 2012. Consultado o 2022-06-22. 
  5. 5,0 5,1 "Hüsker Dü - Awards". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-06-22. 
  6. 6,0 6,1 Archive-Ryan-J-Downey. "Dave Grohl Talks Pseudo Nirvana Reunion On 'I Should Have Known'". MTV News (en inglés). Consultado o 2022-06-22. 
  7. Bob Mehr (6 de novembro de 2010). "Memphis writer explores legacy of '80s indie-rock pioneers Hüsker Dü". Go Memphis.
  8. 8,0 8,1 Devenish, Colin (2004-10-25). "Husker Du Men Reunite". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2022-06-23. 
  9. Chris Heim (19 de xaneiro de 1990). "Grant Hart Putting Bad Image, Husker Du Behind Him". Chicago Tribune.
  10. "Bob Mould - Cut interview - 1989". www.mmmm.eclipse.co.uk. Consultado o 2022-06-23. 
  11. Riemenschneider, Chris. "Bob Mould an open book at Dakota". Star Tribune. Consultado o 2022-06-24. 
  12. "Bob Mould walks the ’Line’". EDGE Media Network (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2023. Consultado o 2022-06-24. 
  13. "Workbook - Bob Mould - Awards". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-06-24. 
  14. "Sugar: Copper Blue / File Under: Easy Listening (Deluxe Editions), PopMatters". PopMatters (en inglés). 2012-08-02. Consultado o 2022-06-25. 
  15. Parry Gettelman (10 de decembro de 1993). "'No Alternative' And 'Born To Choose'". Orlando Sentinel.
  16. "Song-o-matic - RT Covers by Others VII". web.archive.org. 2012-07-18. Archived from the original on 18 de xullo de 2012. Consultado o 2022-06-25. 
  17. "Bob Mould - Bob Mould". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-06-26. 
  18. Mould, Bob. "Granary Music". www.granarymusic.com. Consultado o 2022-06-27. 
  19. Sinclair, Tom (22 de xullo de 2005). "Body Slam". Entertainment Weekly.
  20. "Rolling Stone : Bob Mould: Modulate : Music Reviews". web.archive.org. 2006-08-26. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2006. Consultado o 2022-06-27. 
  21. Oko, Dan; Fri.; May 3; 2002. "Bob Mould and LoudBomb". www.austinchronicle.com (en inglés). Consultado o 2022-06-27. 
  22. "Bob Mould's Body Of Song Tour Hits North America". The FADER. 2014-12-24. Archived from the original on 24 de decembro de 2014. Consultado o 2022-06-28. 
  23. "Blowoff Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-06-29. 
  24. "ANTI- Bob Mould Schedules Performances Leading up to the Release of his Latest Solo Effort 'Life and Times". web.archive.org. 2010-01-03. Archived from the original on 03 de xaneiro de 2010. Consultado o 2022-07-11. 
  25. Mould, Bob (2011). See a little light : the trail of rage and melody (1st ed ed.). New York: Little, Brown and Co. ISBN 978-0-316-04508-7. OCLC 668192472. 
  26. "Bob Mould premieres “The Descent” the first single from Silver Age". Merge Records. 2012-08-18. Archived from the original on 18 de agosto de 2012. Consultado o 2022-07-11. 
  27. "Bob Mould Shares Single 'American Crisis' From Upcoming Album". SPIN (en inglés). 2020-06-03. Consultado o 2022-07-11.