Bloque por Asturies

Bloque por Asturies é un partido político de Asturias. Ten unha ideoloxía nacionalista asturiana e de esquerdas. En 2012 confluíu con Unidá Nacionalista Asturiana (UNA) para crear a coalición Compromisu por Asturies.

Bloque por Asturies
Partido político de Asturias
Dirixentes e organización
LíderRoberto Colunga
Historia
Fundación2003
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo asturiano, esquerda
Outros datos
SedeC/Fray Luis de León, 4, apartado 33201, Xixón
Na rede
www.bloque.as

Formaba parte do Conceyu Abiertu pola Oficialidá. O seu secretario xeral é Roberto Colunga e o seu voceiro é Rafael Palacios, que ostentou o cargo de director da "Axencia Asturiana de Cooperación ao Desenvolvemento do Principado" durante a lexislatura 2003-2007.

Trayectoria editar

Bloque por Asturies tivo a súa orixe en Izquierda Nacionaliega d’Asturies (Esquerda Nacionalista de Asturias), escisión de Andecha Astur e membro no seu momento da coalición Bloque de la Izquierda Asturiana e en independentes asturianistas. Fundouse para concorrer ás eleccións autonómicas de 2003, nas que se presentou en coalición con Esquerda Unida (EU). Entrou no goberno asturiano ao asinarse un acordo de colaboración entre EU e o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE).

Nas eleccións xerais de 2004, mantivo a coalición con EU, obtendo devandita coalición 59.253 votos (8,42%), mais sen acadar escano. Nas eleccións autonómicas de 2007, mantívose a coalición con EU, ampliándose a Los Verdes de Asturias, con 58.114 votos (9,7%) e 4 deputados, dos que BA obtivo un. Nas eleccións xerais de 2008 repetiron a coalición, obtendo 49.936 votos (7,17%), o que supuxo un pequeno retroceso respecto dos resultados de 2004.[1]

Entre 2003 e 2007 formou coa coalición parte do goberno asturiano tralo acordo entre EU e o PSOE.[2] Tralas autonómicas de 2007, o PSOE formou inicialmente un goberno monocor en minoría, mais en 2008 reeditou o pacto con EU, o que permitiu a BA entrar de novo no goberno.[3]

Abandono da coalición con Esquerda Unida editar

Formaron parte do grupo mixto, como único partido, na lexislatura 2007-2011, ao rachar a súa alianza con Esquerda Unida-Los Verdes[4] alegando que EU-LV vulneraron os acordos programáticos asinados ao apoiar a aplicación das medidas de austeridade propostas polo PSOE.

Compromisu por Asturies editar

En febreiro de 2011 anunciouse que Bloque por Asturies e Unidá Nacionalista Asturiana (UNA) concorrerían en coalición ás eleccións autonómicas de 2011, presentando como candidato á presidencia a Rafael Palacios.[5]

Os resultados das eleccións supuxeron o mellor resultado obtido por unha coalición electoral nacionalista asturiana de esquerdas, aínda que quedou lonxe das expectativas iniciais da coalición. Obtivéronse un total de 6.337 votos (1,05% dos votos válidos totais) en toda Asturias.[6] Nas eleccións municipais de 2011 obtivo 5.460 votos e 2 concelleiros, tamén en coalición con Unidá Nacionalista Asturiana.[7]

De cara ás eleccións autonómicas de 2012 incorporouse á coalición Los Verdes-Grupo Verde.[8] Bloque por Asturies-UNA-LV-GV, Compromisu por Asturies, con Rafa Palacios como candidato á presidencia do Principado obtivo 1 639 votos (0,32%).

O 23 de xuño de 2012 culminou un proceso de converxencia entre Bloque por Asturies e Unidá Nacionalista Asturiana, coa incorporación de independentes, que creou a coalición Compromisu por Asturies.[9][10]

Notas editar

  1. # Resultados definitivos de las elecciones generales españolas de 2008
  2. Cuartas, Javier (27 de xuño de 2003). "El PSOE cederá a IU Justicia y Vivienda en el Gobierno asturiano". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 18 de maio de 2020. 
  3. "IU entra en el Gobierno de Asturias y se hace cargo de Bienestar Social y Vivienda y de Medio Rural". El Comercio (en castelán). 1 de novembro de 2008. Consultado o 18 de maio de 2020. 
  4. "Roberto Colunga deja a IU con tres diputados al pasar al Grupo Mixto". La Nueva España. 15 de xullo de 2010. Consultado o 18 de maio de 2020. 
  5. El Bloque y Unidá Nacionalista se unen para las elecciones de mayo, La Voz de Asturias, 2 de febreiro de 2011.
  6. "Diario La Información - Resultados electorales Elecciones autonómicas en Asturias, 100% escrutado". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2014. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  7. "Ministerio del Interior - Resultados electorales provisionales, 100% escrutado". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2023. Consultado o 16 de abril de 2024. 
  8. Los Verdes-Grupo Verde se incorporan a la coalición de Bloque y UNA, Europa Press, 11 de febreiro de 2012.
  9. "Bloque y UNA impulsan una nueva formación de corte nacionalista". La Nueva España. 3 de xuño de 2012. Consultado o 18 de maio de 2020. 
  10. Más de cien enmiendas presentadas al proceso para crear la nueva fuerza política asturianista Arquivado 27 de decembro de 2013 en Wayback Machine., Qué, 8 de xuño de 2012.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar