Blaise Pascal, nado en Clermont-Ferrand o 19 de xuño de 1623 e finado en París o 19 de agosto de 1662, foi un matemático, físico, filósofo e teólogo francés.

Infotaula de personaBlaise Pascal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1623 Editar o valor em Wikidata
birth house of Blaise Pascal (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 1662 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
París (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSaint-Étienne-du-Mont (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaParís (1648–1662)
Ruán (1640–1647)
París (1631–1639)
Clermont-Ferrand (1623–1631) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor em Wikidata
RelixiónXansenismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría da probabilidade, matemáticas, literatura e física Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , escritor , moralistas franceses (pt) Traducir , físico , filósofo , teólogo , estatístico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
Pseudónimo literarioLouis de Montalte
Amos Dettonville
Salomon de Tultie Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaisÉtienne Pascal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Antoinette Begon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJacqueline Pascal (pt) Traducir e Gilberte Périer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesMarguerite Pascal (en) Traducir (sobriña)
Florin Périer (pt) Traducir (cuñado) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 4632a192-3a0c-4394-80b0-0163c09c5c82 Discogs: 826598 IMSLP: Category:Pascal,_Blaise WikiTree: Pascal-87 Find a Grave: 3241 Editar o valor em Wikidata
Blaise Pascal.

Traxectoria editar

Fillo do matemático Étienne Pascal e de Antoinette Bégon. Perdeu á súa nai aos tres anos de idade. O pai decidiu educar persoalmente aos seus fillos decidindo, así mesmo, desprazarse a París onde se opuxo ás medidas fiscais do Cardeal Richelieu e tivo que escapar á Bastille. Tras recuperar o seu favor, instalouse en Rouen onde foi delegado rexio.

O neno Pascal, cando tiña 11 anos, escribiu un tratado sobre os sons e, pouco máis tarde, sobre os principios de Euclides verbo dos ángulos dos triángulos. Con 16 anos, redactou un ensaio sobre as seccións cónicas. Aos 18 anos, construíu unha calculadora mecánica.

Realizou estudos de hidrostática e implicouse na polémica xansenista debido ás súas inquedanzas relixiosas.

Dunha saúde moi feble, non se coñece con exactitude cal foi a causa da súa morte.

Científico editar

Contribuíu á creación da xeometría proxectiva e ao cálculo de probabilidades, así como ao desenvolvemento do cálculo infinitesimal, a mecánica dos fluídos e a presión atmosférica e perfeccionou o barómetro de Torricelli. Refutou o concepto de horror ao baleiro. Dentro da análise combinatoria é célebre o triángulo de Pascal relacionado co teorema binomial.

A el débeselle o teorema de Pascal que determina que nun hexágono nunha cónica as rectas que contiveren as beiras opostas intercéptanse en puntos colineares.

Tamén formulou o principio ou Lei de Pascal que di que a presión producida nun líquido en equilibrio se transmite integralmente a todos os puntos do líquido e ás paredes do recipiente.

editar

Pascal aprehende ao home pola súa dimensión pensante como Descartes, pero o concibe na súa fraxilidade; o home é unha cana pensante. Só con Deus o home adquire a súa auténtica grandeza.

Pascal distingue entre razón e corazón. Só no corazón cáptanse os primeiros principios que sosteñen a articulación dos razoamentos, o discurso lóxico. O corazón ten razóns que a razón non coñece.

Pascal é debedor de Agostiño de Hipona e considera que existe o perigo de facer un ídolo da verdade mesma: a verdade sen amor non é Deus; é a súa imaxe, un ídolo que non se ha de estimar nin adorar. Para el existen dúas desviacións para acadar a auténtica Verdade onde o home se encontra a si mesmo: rexeitar a razón e non admitir máis que a razón.

Obras editar

  • Essai pour les coniques (1640)
  • Experiences nouvelles touchant le vide (1647)
  • Écrit sur la signatu
  • re du formulaire (1661)
  • Les Provinciales (1658)
  • Les Pensées (póstumo)
  • Traité du triangle arithmétique (póstumo)
  • De l'esprit géométrique (1658)
  • Traité de l'équilibre des liqueurs et de la pesanteur de la masse de l'air (1648)

Ver tamén editar

Outros artigos editar