Black Mirror: Bandersnatch

filme interactivo de 2018 dirixido por David Slade

Black Mirror: Bandersnatch é un filme interactivo de 2018 dirixido por David Slade. Trátase dun suspense psicolóxico da serie antolóxica Black Mirror. Escribiuno o creador da serie Charlie Brooker, e Netflix estreouno internacionalmente o 28 de decembro de 2018.

Black Mirror: Bandersnatch
Ficha técnica
Título orixinalBlack Mirror: Bandersnatch
DirectorDavid Slade
ProdutorRussell McLean
GuiónCharlie Brooker
Intérpretes
EstudioNetflix
DistribuidoraNetflix
Estrea28 de decembro de 2018
DuraciónVariable; 90 minutos no argumento por defecto[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroSuspense
Na rede
https://www.netflix.com/title/80988062
IMDB: tt9495224 Filmaffinity: 479822 Allocine: 270586 Rottentomatoes: m/black_mirror_bandersnatch Allmovie: v713197 Metacritic: tv/black-mirror-bandersnatch Netlix: 80988062Editar o valor em Wikidata

Características editar

En Bandersnatch, os espectadores poden tomar decisións polo personaxe principal, o mozo programador de videoxogos Stefan Butler (Fionn Whitehead) que está a adaptar unha novela de fantasía do estilo "escolle a túa propia aventura". Outros personaxes inclúen a Mohan Thakur (Asim Chaudhry) e Colin Ritman (Will Poulter), ámbolos dous traballando na compañía de videoxogos, o pai de Butler, Peter (Craig Parkinson) e a terapeuta de Butler, a doutora Haynes (Alice Lowe). O filme baséase no videoxogo homónimo de Imagine Software que non puido estrearse por mor da bancarrota da compañía.

Notas editar

  1. Roettgers, Janko (28 de decembro de 2018). Variety, ed. "Netflix Takes Interactive Storytelling to the Next Level With 'Black Mirror: Bandersnatch'". Consultado o 28 de decembro de 2018.