A bismutina ou bismutinita é un sulfuro de fórmula Bi2S3. Contén un 81,29% de bismuto, sendo a principal fonte a nivel mundial.[1] Preséntase na natureza como unha especie mineral cinsenta e isomorfa da estibina, cun hábito cristalino moi semellante, predominando as formas aciculares ou tabulares. É soluble en ácido nítrico a altas temperaturas.

Bismutinita
Fórmula químicaBi2S3
ClaseSulfuros
Sistema cristalinoOrtorrómbico
CorGris aceiro claro
BrilloMetálico
Dureza2 (escala de Mohs)
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta
RaiaGris
Densidade6,7 g/cm3

Normalmente encóntrase filóns de estaño e ouro a altas temperaturas.

Foi descuberta en 1832 nas minas de Potosí, Bolivia.[2]

Notas editar

  1. "Bismutina" (en español). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de maio de 2010. 
  2. "Bismuthinite Mineral Data" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar