Birdy

cantante británica

Jasmine van den Bogaerde, nada o 15 de maio de 1996, tamén coñecida polo seu nome artístico Birdy, é unha artista inglesa. É coñecida por gañar a competión musical Open Mic UK en 2008, con 12 anos. A súa versión da canción "Skinny Love" de Bon Iver realizouse en xaneiro de 2011, a que facilitou estar no top vinte da lista de sinxelos británicos (UK Singles Chart) e nos dalgúns países europeos. O seu álbum debut "Birdy" saíu á luz o 7 de novembro de 2011.

Birdy
Nome completoJasmine van den Bogaerde
AliasBirdy
Data nacemento15 de maio de 1996 (27 anos)
Nado enLymington, Hampshire, Inglaterra Inglaterra[1]
Ocupacióncantante
XéneroFolk
Instrumento(s)Piano
Selo(s) discográfico(s)Lady of The Lake, 14th Floor Records,[2] Warner Bros. Records,[3] Warner Music Group
Na rede
http://birdymusic.co.uk/
IMDB: nm1154704 TV.com: people/birdy
Facebook: BirdyMusic Twitter: birdy Instagram: birdyinstagram MySpace: officialbirdy Youtube: UCk3NOb_PipJJwzMuaBhEfQg TikTok: birdy Souncloud: officialbirdy Spotify: 2WX2uTcsvV5OnS0inACecP iTunes: 416879038 Last fm: Birdy Musicbrainz: 1b8bdee5-783a-4eca-88e5-3e9460739546 Songkick: 468031 Discogs: 2341709 Allmusic: mn0002800025 Deezer: 107666 Genius: Birdy Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vida e carreira profesional editar

1996–2008: Infancia e carreira profesional editar

Birdy naceu o 15 de maio de 1996 en Lymington, Inglaterra. Súa nai é unha pianista. Birdy aprendeu a tocar o piano cando tiña catro anos e comezou a compor a súa propia música aos sete anos de idade.[4] Actualmente estuda na Priestlands School en Lymington, unha pequena escola pública especializada en artes escénicas e visuais. O seu tío avó foi o actor Sir Dirk Bogarde.[1]

En 2008, á idade de 12, Birdy gañou o concurso de talentos británico Open Mic UK, derivado da competición Live and Unsigned. Gañou tanto na categoría de menores de dezaoito anos como o gran premio, a outros 10.000 concursantes.[5][6] Tocou unha canción de seu na competición "So Be Free" diante de 2000 persoas.[7]

2009–Actualmente: Ascenso á fama, contrato discográfico e Birdy editar

Despois do concurso, recibiu unha oferta para firmar un contrato discográfico coa Good Soldier Songs Ltd, dirixida por Christian Tattersfield, presidente da Warner Bros. Music UK[7] e a discográfica 14th Floor Records. Tattersfield xa firmara con anterioridade un contrato con outros cantantes/compositores como, por exemplo, David Gray.[8] En 2009, Birdy deu unha actuación ao vivo co piano para o programa radiofónico Pianothonda BBC Radio 3's en Londres.[9]

En 2011, con 14 anos, Birdy fixo un cover da canción "Skinny Love" de Bon Iver .[10] A canción converteuse no seu primeiro éxito nas listas británicas, obtendo o número 17. O single foi a "Canción da semana"[11] polo DJ de radio británico Fearne Cotton,[7] , o que tivo como resultado que fora engadido a lista de reprodución da BBC Radio 1[2] despois de ser lanzado no mes de marzo de 2011.[3] O videoclip oficial para a canción foi dirixido por Sophie Muller.[12] Ademais,, a canción apareceu no episodio de Crónicas vampíricas "O sol tamén se ergue", emitido o 5 de maio de 2011. Desde aquela, Birdy fixo diferentes covers como o da canción "The A Team" de Ed Sheeran ou a da canción "Shelter" de The XX', que tamén apareceu no episodio "A fin do romance" de Crónicas vampíricas, emitido o 29 de setembro. "Skinny Love" chegou ao número number 2 nos Países Baixos, e ao un no Top 30 de iTunes.

O 19 de xullo de 2011, Birdy actuou na Live Lounge da BBC Radio 1 .[13] Nesta sesión, tocou a cover do tema "Shelter" de The XX e a do "The A Team" de Ed Sheeran. O seu álbum homónimo publicouse o 7 de novembro de 2011; o álbum chegou ao número trece no Reino Unido, ao corenta na Irlanda e ao top 10 na Bélxica e nos Países Baixos.

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Nome do álbum Detalles Posicións
ENG BEL (VL)
[14]
BEL
[15]
IRE NL
[16]
SCO
[17]
Birdy 13 6 22 40 2 18

Singles editar

Ano Single Posicións Álbum
ENG
[19]
BEL
[14]
BEL
[15]
IRE
[20]
NL
[16]
SCO
[21]
2011 "Skinny Love" 17 3 6 40 1 17 Birdy
"Shelter" 50
"People Help the People" 33 32
2012 "I'll Never Forget You"
"—" denota que a canción non se publicou nese país ou que non obtivo ningunha posición.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BBC news article, Dec 2008.
  2. 2,0 2,1 Radio 1 playlist shows 14th Floor as Birdy's record label
  3. 3,0 3,1 Music Week news article
  4. "A new teen star is about to go top 10". Vodafone big top 40 (Global Radio). February 6, 2011. Consultado o 2011-04-15. 
  5. Hewitt, Phil (November 29, 2009). "Review: Open Mic UK national grand final, Guildhall, Portsmouth". Chichester Observer. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2012. Consultado o 2011-02-17. 
  6. [1][Ligazón morta]
  7. 7,0 7,1 7,2 "New Forest Fairs news page". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2011. Consultado o 17 de decembro de 2011. 
  8. BBC.co.uk news article
  9. BBC 3 Classical Music
  10. "Titanium Music Blog article". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2012. Consultado o 14 de setembro de 2012. 
  11. "River Studios News, 2011". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2011. Consultado o 17 de decembro de 2011. 
  12. "Digital Spy news article about 'Skinny Love' music video". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 17 de decembro de 2011. 
  13. Archived Live Lounge recording
  14. 14,0 14,1 "Discografie Birdy". ultratop.be (en Dutch). Hung Medien. Consultado o October 17, 2011. 
  15. 15,0 15,1 "Discografie Birdy". ultratop.be (en French). Hung Medien. Consultado o October 17, 2011. 
  16. 16,0 16,1 "Dutch Charts > Rumer". dutchcharts.nl/. 
  17. Peak positions for albums on the Scottish Albums Chart:
  18. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2011. Consultado o 17 de decembro de 2011. 
  19. "Chart Stats - Birdy". chartstats.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2012. Consultado o 26 May 2011. 
  20. "Irish Charts > Birdy". irish-charts.com/. Hung Medien. Consultado o October 17, 2011. 
  21. Scottish Peak Positions: