Bionic Commando (ヒットラーの復活, TOP SECRET Hitler no Fukkatsu) é un videoxogo realizado por Capcom para máquinas recretivas en 1988. Fixéronse versións para Amiga, Atari ST, Commodore 64, Amstrad CPC, ZX Spectrum, NES, Game Boy e Game Boy Color, as versións para ordenador fíxoas Software Creations e publicounas Go!. Na versión orixinal xaponesa, situada nun futuro distante, un científico conseguira revivir a Adolf Hitler e este creara un exército nazi contra o que tiñan que loitar os comandos que dirixe o xogador. Nas versións occidentais non aparecen as referencias a Hitler e o nazismo e aparece a busca de Super Joe, personaxe protagonista de Commando, cando en orixe os dous xogos non teñen relación ningunha.

Bionic Commando
Desenvolvedor(es)Capcom
Distribuidora(s)Capcom
Deseñador(es)Tokuro Fujiwara
Compositor(es)Harumi Fujita
Lanzamento1987
Xénerovideoxogo de plataformas
Modos de xogovideoxogo multixogador e videoxogo para un xogador
Clasificación USK
Plataforma(s)ZX Spectrum, DOS, Amiga, Nintendo Entertainment System, Commodore 64, Atari ST e Amstrad CPC
editar datos en Wikidata ]