Bilingüe

curtametraxe de Cecila Perolio

Bilingüe é unha curtametraxe de Cecila Perolio, rodada en 2007 en formato HDV, con localizacións en Santiago de Compostela e Vedra. Trátase dunha comedia romántica, onde ante a incapacidade de sincerarse, os protagonistas intentan amosar os sentimentos mediante a música, a literatura ou o cinema. A banda sonora inclúe os temas "Dream a catfish" (Joserra Lorenzo), "Amor cromático" (Psicofónica de Conxo), "Fouet d'amour" (Marcelino Galán) e "G" (deJune).

Bilingüe
Ficha técnica
DirectorCecilia Perolio
GuiónCecilia Perolio
IntérpretesArantza Villar (Helena), Marcos Correa (Diego), Marta Pazos (Carmen), Borja Fernández, Clara Gayo
FotografíaOlmo Couto
MontaxeJorge Coira
Estrea17 de abril de 2008
Duración15 minutos
OrixeGalicia Galicia
Xénerocomedia
Orzamento11.962 €

Argumento editar

Helena é unha actriz de Allariz que chega a Santiago de Compostela a facer un curso de danza, instalándose no piso da súa amiga Carmen. Alí atópase con Diego, en certo modo parella de Carmen, e entre os dous xorde certa tensión sexual.

Mentres ven a película Festen, de Thomas Vinterberg, falan das relacións de parella e das relacións sexuais, pero sen seren capaces de dicirlle ao outro os seus sentimentos. Helena marcha para cama atopándose mal, en parte debido ao consumo de haxix e de viño.

Cando Helena colle unha botella de leite do frigorífico, Diego sorpréndea por detrás e teñen na mesma cociña unha relación sexual, pero ao espertar vese que fora un soño. Malia que Diego marcha de viaxe, a historia remata cun final aberto, coa chegada ao piso dun mensaxeiro.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar