Bienvenido Lago Alonso
Bienvenido Lago Alonso, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1892, foi un policía e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 (131/132 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | policía , político |
Traxectoria editar
Na II República foi elixido vogal primeiro da directiva do Partido Republicano Gallego de Vilagarcía, presidida por Emiliano Porto Rial, en setembro de 1932.[1] Foi nomeado xefe da Policia Municipal de Vilagarcía de Arousa en abril de 1933.[2] Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 31 de xullo e ingresou no Cuartel da Garda civil. Trasladado á Normal de Pontevedra habilitada como prisión, foi nomeado ordenanza da inspección da prisión o 17 de agosto; despois internárono no campo de concentración da illa de San Simón. Escribiu un diario de xullo de 1936 a marzo de 1937 no que relata o acontecido nas prisións de Pontevedra e San Simón. Dende 1941 traballaou como recadeiro entre Vilagarcía e Santiago de Compostela.[3][4] En 1953 a Dirección Xeral de Administración Local rexeitou o seu recurso para recuperar o posto.[5]
Vida persoal editar
Foi pai de Bienvenido e Enrique Lago Cid.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. ISBN 978-84-09-02453-7.